5.1. Curación de contidos educativos
Curación de contidos educativos
|
Que é a curación de contidos?
A cantidade de datos e información que se xenera en internet é tan enorme que actualmente resulta case imprescindible ter claro o concepto de curación de contidos e saber como podemos poñelo en práctica.
Cada minuto internet aumenta o seu contido de forma exponencial con novos textos, documentos, imaxes, fotos, audios, vídeos, ... e polo tanto ningunha persoa é capaz de procesar tal cantidade de información.
Neste sentido, por medio da curación de contidos poderemos seleccionar e utilizar só a información que nos resulte realmente relevante, útil ou de interese para o noso labor docente.
Para un docente, curar contidos educativos é unha competencia dixital máis que forma parte do seu rol docente, pola que pode seleccionar os mellores contidos para o seu alumnado. Para realizar unha boa curación de contidos, o primeiro que debemos ter claro será que contidos (ou tipos de contidos) queremos atopar en internet para convertilos en información e/ou coñecemento.
Resulta moi interesante e reveladora a seguinte frase do actor Chris Hardwick
“Xa non estamos na era da información. Estamos na era da xestión da información.”
A expresión en inglés "content curation" traducida como curación de contidos, fai referencia ao proceso de localizar información na rede, filtrala, organizala, clasificar os datos filtrados, agregando novos contidos máis complexos e de maior valor para a comunidade á que se pretende distribuír.
Bibliografía:
La curación de contenidos by Manel Guzmán
Curación de contenidos by Formación en Rede del INTEF