5.2. Software libre
Software libre
|
Definición de Software Libre
Aínda que se buscamos na rede atoparemos centos de definicións para o concepto Software Libre, podemos resumir este concepto do seguinte xeito:
Un software é libre cando o usuario ten a liberdade de usalo, copialo, estudialo, modificalo e posteriormente redistribuilo libremente.
Dun xeito máis concreto tratase de que se garantan as 4 seguintes liberdades sobre o software:
-
- Liberdade 0: Liberdade de usar o software con calquera propósito.
- Liberdade 1: Liberdade de estudiar como funciona o software e modificalo, adaptando ás propias necesidades
- Liberdade 2: Liberdade de distribuír copias do software
- Liberdade 3: Liberdade de mellorar o software e facer públicas ditas melloras coa finalidade de que se beneficie toda a comunidade.
-
-
* Tanto a liberdade 1, coma a 3 requiren acceso ao código fonte.
-
Fontes:
https://es.wikipedia.org/wiki/Software_libre#Las_cuatro_libertades_del_software_libre
Importancia de empregar o Software Libre nas escolas
Podemos atopar múltiples motivos, imos a indicar unha serie deles:
-
- Motivo económico: Dado que existe a liberdade de copiar e distribuír o dito software, as administracións educativas poden dotar a todos os centros a un custo económico, sen necesidade de pagar unha licenza por cada equipo informático no que se instale o software.
-
- Formación de profesionais libres, independentes dun entorno de software; empregando o software libre non se ensina a empregar un produto concreto senón unha tecnoloxía baseada en estándares libres e recoñecidos.
-
- Favorece que o alumnado aprenda o funcionamento do equipamento e do propio software, xa que permite o acceso ao código fonte, ao contrario que ocurre co software privativo.
-
- O software empregado na aula pode ser exactamente o mesmo que o empregado por o alumno na súa casa xa que ten a liberdade de copialo e instalalo no seu equipo persoal.
-
- Fomenta a liberdade de traballar en comunidade xa que calquera mellora que o usuario realiza sobre o software pode ser publicada na comunidade e aproveitada por o resto da comunidade.
-
- ...
Fontes:
https://www.gnu.org/education/edu-schools.es.html
https://openexpoeurope.com/es/educacion-software-libre/
https://es.wikibooks.org/wiki/El_software_libre_en_la_educacion