EDIXGAL

 Actualizacións a través da WiFi Abalar


AP WiFi Xestión centralizada

  

Os equipos EDXIGAL teñen instalada de forma predeterminada unha versión do sistema operativo e un conxunto de paquetes e aplicacións consensuados e aprobados polo equipo técnico de AMTEGA.

Todo o software instalado nos equipos está en permanente revisión e actualización, polo que con certa frecuencia existen modificacións e actualizacións que se deben instalar nos equipos . Estes cambios lévanse a cabo a través de procesos automatizados de actualizacións que cada equipo EDIXGAL recibe vía WiFi Abalar.

A xestión de todos os procesos de actualización realízase coa ferramenta “puppet”.

 

Básicamente o funcionamento é o seguinte:

  

1   No servidor principal de “puppet” (instalado en Servizos Centrais) introdúcense as modificacións/actualizacións que, posteriormente e de xeito automatizado, serán enviadas ós servidores CED dos centros educativos.

 
2   Os servidores CED (Centro Educativo Dixital) situados en cada un dos centros educativos participantes no proxecto, reciben as actualizacións que posteriormente enviarán ós equipos clientes a través da WiFi Abalar: equipos clientes portátiles do alumnado, portátiles do profesorado e portátiles de aula.

 
3   De xeito secuencial para non sobrecargar a rede de datos, establécese a comunicación entre os equipos clientes e o Servidor CED a través da WiFi Abalar co fin de realizar as actualizacións de xeito automático.

  
Todo o proceso resulta totalmente transparente para o usuario.

   

Como afecta este procedemento aos equipos implicados

 

Cada certo tempo os equipos clientes (equipos de alumnado, profesorado e aula) conéctanse ao servidor do centro a través da WiFi Abalar e compróbase se existen actualizacións pendentes para ese equipo en concreto. O proceso é automático e transparente para o usuario e non require da súa intervención en ningún momento.

 

Neste procedemento introdúcese un valor aleatorio de xeito que os equipos non se actualizan todos ao mesmo tempo para non interferir no normal funcionamento da aula.

  

A primeira vez que un equipo (cliente Puppet) conecta co seu servidor CED, éste crea un vínculo entre o servidor e o cliente por medio dunha clave que lle serve ao equipo cliente para identificarse co servidor a partir dese momento e cada vez que volva a conectarse.

  

Nas sucesivas veces que o equipo conecta co servidor CED, o propio servidor identifica ao cliente e sabe cales actualizacións lle faltan por recibir e inicia o procedemento das actualizacións pendentes.

  


EDIXGAL
Última modificación: mércores, 15 de setembro de 2021, 5:24 PM