4.1. Xestión e mantemento centralizados
Xestión e mantemento centralizados |
Mantemento centralizado para equipos EDIXGAL
O enorme número de equipos que se poñen á disposición da comunidade educativa nos propios centros fai necesario desenvolver un modelo específico de soporte e mantemento que permita atender, de forma transparente para os usuarios, as maioría das necesidades destes equipos.
Unha gran parte da xestión e o mantemento dos equipos EDIXGAL de alumnado, profesorado e aulas realízase de forma remota e centralizada, tentando reducir ao mínimo posible a responsabilidade dos usuarios de manter os seus equipos actualizados.
Este procedemento realízase, básicamente, por medio da comunicación entre os servidores ubicados nos servizos centrais e os servidores CED (Centro Educativo Dixital) ubicados nos propios centros educativos, de maneira que desde os servizos centrais envíanse os paquetes de actualización e as novas versións das aplicacións aos servidores CED e éstes distribúen os paquetes recibidos aos equipos dos centros educativos no momento en que detectan a súa conexión á rede do propio centro.
Os equipos EDIXGAL reciben as actualizacións a través da WiFi Abalar, xestionada polo servidor do centro educativo.
Restauración (clonación) dos equipos EDIXGAL
Por outro lado, os servidores instalados nos centros educativos (CED) incorporan a funcionalidade de “clonación” (restauración) para os equipos EDIXGAL do alumnado e do profesorado, que permite restaurar o equipo ao seu estado orixinal borrando todo o contido actual do equipo.
A funcionalidade de clonación tamén permite instalar as novas versións do sistema operativo cada vez que éstas están dispoñibles e son enviadas aos servidores dos centros desde os servizos centrais.
Actualizacións dos equipos non-EDIXGAL (maqueta Abalar libre)
Calquera outro equipo (non EDIXGAL) que teña instalada a maqueta Abalar libre recibirá as actualizacións por medio da aplicación "Actualizador Abalar" que se pode atopar no menú "Aplicativos - Sistema - Actualizador Abalar". Neste caso as actualizacións recíbense directamente desde os servidores centrais a través de internet, polo que non é necesario que o equipo estea físicamente no centro educativo.
Este actualizador pode ser iniciado polo usuario en calquera momento pero tamén funciona de forma autónoma, de maneira que cada 30 días actualiza de forma automática as aplicacións sen necesidade de ningunha intervención por parte do usuario.