3.6. A WiFi "edu.xunta.gal" para alumnado
A WiFi "edu.xunta.gal" para alumnado
|
Nos centros educativos onde está en funcionamento a WiFi "edu.xunta.gal", ademáis do profesorado, esta WiFi tamén permite a conexión de todo o alumnado rexistrado en XADE.
O procedemento para realizar a conexión é o mesmo que no caso do profesorado, coa salvedade de que as credenciais do alumnado deben ser xeradas en XADE desde o propio centro educativo, utilizando o "Informe predefinido AL985: Etiq. WiFi".
Este informe crea unha páxina de "etiquetas" onde se mostran os datos de conexión para cada alumno/a (por grupo, curso, ensinanza) de maneira que o centro educativo pode decidir a que alumnos/as ou grupos de alumnos lles proporciona as claves de acceso personalizadas.
IMPORTANTE: Hai que ter en conta que un número excesivo de conexións simultáneas podería saturar o ancho de banda dispoñible no centro, polo que se aconsella non habilitar o acceso a esta WiFi de forma masiva para todo o alumnado do centro educativo e facelo só para aqueles alumnos/as que realmente necesiten facer un uso educativo desta WiFi nos seus dispositivos.
INSTRUCCIÓNS PARA O ALUMNADO
Normas básicas de uso
- O acceso á WiFi ten unha finalidade pedagóxica e educativa. Debe empregarse con responsabilidade.
- O alumnado non debe compartir os seus datos de acceso con ninguén (usuario e contrasinal), son datos de carácter persoal, individual e privado.
- Non se deben empregar indiscriminadamente servizos que consuman moito ancho de banda (streaming, YouTube, etc). O uso destes servizos por parte do alumnado reduce o ancho de banda dispoñible para o resto de usuarios do centro educativo.
- Non se debe empregar esta conexión para un uso non autorizado, ilícito, ilegal, hacking, etc ...
Como activar a conta
Para activar a túa conta segue estes pasos:
Entra na web "https://www.edu.xunta.es/contausuario"
Pulsa sobre a opción "Conta" e a continuación en "Activar".
Selecciona a opción "A WiFi do centro" e pulsa no botón "Continuar".
Introduce aqui o teu usuario e o teu PIN que che foron proporcionados no teu centro educativo, tal e como se indica na seguinte imaxe e a continuación pulsa no botón "Continuar".
A continuación escribe o contrasinal, tendo en conta as seguintes normas:
- O contrasinal debe ter polo menos 6 caracteres.
- NON podes poñer o teu nome, nin os teus apelidos e tampouco o nome da conta que vas crear.
Tes que escribila dúas veces: unha vez na CAIXA 1 e outra vez na CAIXA 2:
Preme en Continuar, e para terminar preme en Confirmar e a túa conta xa estará creada!
Como norma xeral, esta conta estará operativa ao longo do curso escolar.
Importante: debes lembrar o contrasinal que puxeches. En caso de esquecelo deberás acceder a "Contausuario" empregando a túa conta de usuario e o PIN.
Como cambiar o contrasinal da conta
Necesitas o nome da conta e o PIN. Se non te acordas cal é o PIN, debes solicitar no teu centro que cho volvan entregar.
Para cambiar o contrasinal segue estes pasos:
Entra na páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario
Preme en Contrasinal e logo en Modificar.
Introduce os datos que se piden:
- Nome de usuario
- PIN
- Na caixa 1 introduce o contrasinal unha vez
- Na caixa 2 volve a introducir de novo o contrasinal
Preme en Continuar e o teu contrasinal xa estará cambiado.