EDIXGAL

  A rede corporativa e a rede dos centros


A rede corporativa RCDXG

Os centros educativos públicos están integrados dentro da Rede Corporativa de Datos da Xunta de Galicia (RCDXG), unha rede privada, segura e de alta capacidade que conecta aos centros educativos coa administración e cos servicios centrais.

A rede corporativa proporciona aos centros educativos servizos de mantemento correctivo e preventivo do hardware e da electrónica da rede, servizos de mantemento e configuación de software, servizos de reinstalación de equipos e servizos de instalación e mantemento de cableado.

   

A rede dos centros

As redes internas dos centros educativos seguen unha topoloxía de tipo árbore. Os nodos da árbore están conectados a un concentrador central (switch principal) que controla o tráfico da rede. Sen embargo, non todos os dispositivos están conectados directamente ao switch principal, xa que moitos dos dispositivos instalados nos centros educativos conéctanse a un switch secundario que, á súa vez, conéctase ao switch principal.

Rede local do centro

Esquema básico da rede interna dun centro educativo público EDIXGAL

   

Toda a rede do centro educativo converxe no switch principal (denominado habitualmente "switch Abalar", aínda que actualmente pode levar outro tipo de nemotéctico), tanto directamente como por medio de conexións intermedias con switchs secundarios. O router, conectado ao switch principal, xestiona o acceso e a conexión de toda a rede interna do centro coa Rede Corporativa da Xunta a través das liñas de datos contratadas pola propia Xunta de Galicia cos distintos proveedores de internet que dan servizo nos centros educativos.

Armario rack principal

Esquema básico do armario rack principal dun centro educativo público EDIXGAL

   

O servidor do centro forma parte da infraestrutura de rede dos centros educativos EDIXGAL proporcionando diversos servizos á propia rede local do centro, como a xestión da conectividade coa WiFi Abalar, restauración e clonación dos equipos EDIXGAL, actualizacións automatizadas, ... etc.

  


EDIXGAL
Última modificación: mércores, 15 de setembro de 2021, 5:22 PM