Incidencias: dispositivo do alumnado
Dispositivo do alumnado |
INCIDENCIAS MÁIS COMÚNS E COMO RESOLVELAS
No equipo do alumnado EDIXGAL, modelo HP X360, existen unha serie de funcionalidades que se poden activar e desactivar desde o propio teclado.
Desta maneira ás veces os alumnos realizan esta activación ou desactivación de xeito fortuito, sen darse conta, e provocan que determinadas funcionalidades deixen de estar operativas.
Cando se pulsa a tecla Fn conxuntamente con algunha das teclas de función (F2, F3, F4, F5, ...) actívanse ou desactívanse determinadas funcións. Describimos a continuación as máis habituais.
INCIDENCIA: A WiFi non funciona.
POSIBLE CAUSA: Posiblemente estea a WiFi desactivada desde o teclado e, nese caso, na tecla ( F12 ) estará o led acendido.
PASOS A SEGUIR: Para activar de novo a WiFi bastará con pulsar simultáneamente as teclas Fn + F12.
INCIDENCIA: O touchpad non funciona.
POSIBLE CAUSA: É posible que o led da tecla F2 esté acendido, o que indica que se desactivou o touchpad desde o teclado.
PASOS A SEGUIR: Para activalo de novo hai que premer a combinación de teclas Fn + F2. O led apagarase e o touchpad volverá a funcionar.
INCIDENCIA: O teclado non escribe os caracteres desexados.
POSIBLE CAUSA: Neste caso posiblemente activasemos o teclado numérico ( blq num ) inconscientemente.
PASOS A SEGUIR: Para desactivar o teclado numérico hai que pulsar a combinación de teclas Fn + Inicio (blq num).