EDIXGAL

 Encerado Dixital Interactivo


INCIDENCIAS MÁIS COMÚNS E COMO RESOLVELAS

INCIDENCIA: A imaxe proxectada é borrosa e/ou non ocupa a totalidade da pantalla.

POSIBLE CAUSA: problemas no proxector

PASOS A SEGUIR: Axustar a posición, configuración, zoom e foco do videoproxector.
Axustar a configuración de resolución de vídeo do ordenador: debes asegurarte de que a configuración de resolución do proxector e o ordenador sexan iguais. Define no proxector a resolución óptima para a imaxe según as instrucións que aparecen no manual do proxector. Logo, define a resolución do ordenador no mesmo valor.
Como norma xeral, unha resolución válida e óptima tanto para o ordenador como para o videoproxector será 1024 x 768 ppp


INCIDENCIA: O punteiro volve rapidamente a unha determinada posición.

POSIBLE CAUSA: un obxecto golpeou o encerado dixital causando unha depresión permanente na lámina frontal.

PASOS A SEGUIR: Os danos causados por golpes non están cubertos xeralmente nas garantías. Para ver a cobertura específica do equipamento da aula consulta co soporte Premium.


INCIDENCIA: Falta de precisión do punteiro.

POSIBLE CAUSA: pantalla mal calibrada

PASOS A SEGUIR: Calibra a pantalla interactiva e se é preciso realiza esta calibración máis dunha vez.


INCIDENCIA: O punteiro móvese dun xeito errático ou o trazo do rotulador non é continuo.
Tamén pode ocorrer que o trazo non responda axeitadamente e a resposta táctil sexa tal mala que non sexa posible controlala.

POSIBLE CAUSA: Hai diferentes posibles causas:

1. A tensión USB do ordenador ou do cable USB non é suficiente para alimentar a pantalla interactiva de modo confiable.

2. É posible que a pantalla interactiva non responda a causa dunha descarga electrostática, un esvaecemento de corrente ou algún outro evento.

3. A tarxeta controladora da pizarra dixital (situada na parte posterior) está danada ou defectuosa.

PASOS A SEGUIR:

1. Comproba o funcionamento dos portos USB do ordenador. Conecta o cable USB a outro porto do portátil.

2. Proba con outro cable USB en bo estado e coa lonxitude estándar establecida polo fabricante. En calquera caso, a lonxitude do cable USB nunca debe ser superior a 5 metros.

3. Se a pantalla interactiva presenta un comportamento errático debido a unha descarga de enerxía estática ou esvaecemento de corrente, poderás restaurar o seu funcionamento normal restablecendo a pantalla. Para facelo desconecta a alimentración eléctrica e/ou o cable USB da pizarra (según os modelos) e volve a conectalos. Ó apagarse a pantalla vólvense a restablecer todos os compoñentes da mesma.

4. Se os fallos continúan é posible que na parede onde está colocada a pizarra existan interferencias electromagnéticas debido a cableado eléctrico interno con pouca protección ou coa protección danada.


INCIDENCIA: O encerado perde conexión co portátil de forma aleatoria e inesperada.

POSIBLE CAUSA: a comunicación entre o encerado e o portátil é defectuosa.

PASOS A SEGUIR: Substitúe o cable USB por outro máis curto.
Nunca alargar o cable cun prolongador común (sen alimentación).
Comprobar o correcto funcionamento dos portos USB do ordenador, conectando o cable USB a outro(s) porto(s) do ordenador portátil.


INCIDENCIA: O equipo detecta o encerado, pero éste non responde ás pulsacións sobre a súa superficie.

POSIBLE CAUSA: A tarxeta controladora (situada na parte posterior) está en mal estado

PASOS A SEGUIR: unha vez descartadas outras causas, debes notificar esta incidencia ao soporte Premium.

    


EDIXGAL
Última modificación: mércores, 15 de setembro de 2021, 5:21 PM