2.8. Videoproxector
O videoproxector |
En todas as aulas integradas no proxecto EDIXGAL está instalado un videoproxector de ultra corta distancia, que permite proxectar na Pizarra Dixital unha imaxe de 178 cms nunha pantalla de formato 16/10 a tan só 16 cms de distancia.
Os videoproxectores de ultra corta distancia permítenlle ao profesorado traballar na Pizarra Dixital sen brillos, reflexos ou sombras.
Actualmente as marcas e modelos de videoproxectores instalados nas aulas EDIXGAL son os seguintes:
- Modelo: Epson EB 440. Guía completa de uso.
- Modelo: Epson EB 460. Guía completa de uso.
- Modelo: Epson EB 480. Guía completa de uso.
- Modelo: Epson EB 570. Guía completa de uso.
- Modelo: NEC NP-M230. Guia completa de uso.
Exemplo de videoproxector instalado nas aulas EDIXGAL
EPSON EB-570
Relación de aspecto
|
Características técnicas Emisión de luz en cor: 2.700 lumen Emisión de luz branca: 2.700 lumen Resolución: XGA 1024 x 768 Relación de aspecto: 4:3 Relación de contraste: 10.000 : 1 Vida útil da lámpara: ata 10.000 horas Tamaño da proxección: entre 55 e 93 pulgadas Sistema de audio integrado: 16 vatios |