EDIXGAL

  O armario de carga


Os carros de carga están pensados específicamente para o entorno educativo, de maneira que as dimensións están adaptadas para que poidan circular libremente polos pasillos formados entre as mesas dos alumnos e atravesar sen problemas as portas de acceso ás aulas.

Para facilitar a súa mobilidade, o sistema está dotado de rodas de alta resistencia con sistemas de bloqueo individuais nas rodas dianteiras.

 O sistema de carga para os portátiles dos alumnos vén configurado de fábrica co axuste de voltaxe específico e necesario para conectar eses equipos exactamente e iniciar a carga programada por un periodo de 4 horas.

  

Armario de carga

  

Neste sentido, únicamente será necesario conectar o carro de carga á alimentación eléctrica do centro educativo, prestando especial atención á conexión do protector eléctrico suministrado.

O protector eléctrico incluído no enchufe, incorpora un botón verde que debe ser pulsado cando se conecta o carro á instalación eléctrica do centro educativo.

Protector eléctrico

A función deste protetor eléctrico é a de protexer aos usuarios en caso de manipulación do cable de conexión de alimentación con independencia da instalación eléctrica presente no centro educativo.

Cando o carro de carga está conectado e dispón de tensión eléctrica, estará encendido un piloto de cor verde situado na parte superior do carro.

Despois de conectado á corrente eléctrica, o sistema xa está listo para funcionar. Para acceder á zona de carga dos portátiles é necesario proceder á apertura das portas frontais troqueladas.

O espazo interior está composto por bandexas de carga, onde cada posto de carga está separado dos demáis por separadores movibles, de maneira que en caso de ser necesario pódese modificar o espazo dispoñible retirando algúns dos separadores verticais.

O carro de carga está dotado tamén dun programador con pantalla gráfica que permite configurar o periodo de carga dos equipos ubicados no seu interior.

Unha das funcións de programación básica que presenta é a de carga semanal onde se poden definir os periodos de carga en función do día da semana, cargas todos os días ou para que realice cargas só nos días lectivos.

A configuración resulta realmente sinxela, por medios de menús significativos e gráficos.

A programación de carga por defecto configura o proceso para cargas de 4 horas de duración, con hora de inicio ás 20:00 h. de luns a venres en idioma español e temperatura de ventilación de 30º C

  

Programador   


EDIXGAL
Última modificación: mércores, 15 de setembro de 2021, 5:19 PM