EDIXGAL

  O dispositivo do profesorado


Todo o profesorado que imparte algunha materia nun curso EDIXGAL dipón dun ordenador portátil persoal para o seu uso profesional, ademáis do portátil que existe en cada aula EDIXGAL. Este equipo persoal (uso profesional) pode ser utilizado polo profesorado nas aulas do centro, no seu domicilio particular ou no lugar onde se atope en cada momento.

  

Actualmente os modelos distribuídos para o profesorado son os seguintes:

 

Ordenador portátil HP 450 G4

 

Equipo profesor HP

 

Ordenador portátil Acer TravelMate P259 G2

 

Equipo profesor ACER

   

Ordenador portátil HP 650 G8


Hp Probook 650 g8



Condicións de uso

As condicións de uso deste ordenador son similares ás que asumen as familias cando reciben o ordenador dos seus fillos/as.

Consellería  AMTEGA

   

Documento de cesión de uso do ordenador do profesorado no proxecto de Educación Dixital ABALAR - E-Dixgal
   

D./Dna _________________________________________, con DNI ______________

profesor/a do centro ____________________________________________________

   
TENDO EN CONTA QUE:

  1. O centro participa na iniciativa E-Dixgal do Proxecto ABALAR para o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, no que se pon a disposición do profesorado participante ordenadores para o desenvolvemento da súa actividade no proxecto.

  2. A Xunta de Galicia cede o uso deste ordenador ao/a profesor/a cunha finalidade educativa para o desenvolvemento da súa actividade no proxecto coas condicións e normas recollidas neste documento.

  3. Non se poderá utilizar o citado equipo para ningún outro uso persoal ou profesional distinto do relacionado co desenvolvemento das actividades educativas propias da función de docente. Ademais non poderá cederse a terceiras persoas.

  4. Non se poderá realizar manipulacións ou substitucións do hardware ou do sistema operativo do ordenador nin instalar nel ningún software do que non se conte con licenza de uso.

  5. Deberá informarse á Xunta de Galicia de calquera dano observado no equipo no menor prazo posible.

  6. O ordenador deberá devolverse no caso de que o centro finalice a súa participación no proxecto, ou o docente abandone o centro, ou finalice a participación en materias integradas no proxecto E- Dixgal.

  7. Dado que se trata dunha ferramenta proporcionada pola Administración, os técnicos da Xunta de Galicia poderán requirir o ordenador para desenvolver actividades de administración ou mantemento.

ACEPTO AS CONDICIÓNS DE PRÉSTAMO DO ORDENADOR QUE RECIBO:

Marca_________________________, modelo _______________________________________

con número de serie ___________________________, e responsabilízome do correcto coidado e uso do ordenador, respondendo da perda deste ou do seu mal uso. Isto non inclúe as avarías que poidan producirse na utilización diaria do equipo que estean contempladas na súa garantía.

En _______________________________a ____ de_________________ de 20___

Asdo.:

 


EDIXGAL
Última modificación: mércores, 15 de setembro de 2021, 5:19 PM