2.1. Elementos dunha aula EDIXGAL
Elementos dunha aula EDIXGAL |
Unha aula EDIXGAL
Na imaxe podemos apreciar todos os elementos característicos dunha aula EDIXGAL estándar, aínda que debemos ter en conta que as marcas e modelos dos elementos indicados aqui poden variar en función das dotacións de material de cada curso académico.
Armario de carga
O armario de carga de portátiles está dotado dun programador que permite configurar o período de carga dos equipos, o que posibilita programar a carga dos equipos en horario non lectivo. O armario de carga tamén pode ser utilizado como un reforzo
multimedia xa que no seu caixón superior dispón, ademais dos mandos de control de carga e a conexión para o sistema multimedia.
Adicionalmente, permite obter dúas saídas de audio amplificadas, situadas nos laterais do armario de carga. Así,
mediante a combinación de proxector e equipo portátil, o sistema convértese nunha completa estación multimedia desde a que é posible realizar calquera presentación reforzada con capacidades multimedia. O sistema de audio atópase autoamplificado,
polo que non é necesario realizar un axuste específico de audio para o control do seu sistema de son. Así pois, para regular o volume do seu sistema tan só necesita axústar o seu equipo multimedia ata o nivel que considere adecuado.
Portátil de aula
Para uso dos docentes está dispoñible na aula un portátil HP ProBook 450G4, Lenovo Thinkpad L540 ou o Acer Travelmate P259, todos cunhas características técnicas adaptadas ás súas necesidades.
Os portátiles de aula forman parte da aula dixital, polo que o docente terá que utilizar o portátil que lle corresponda segundo a aula na que estea a impartir a clase.
Punto de Acceso WiFi
A xestión e configuración das redes WiFi establecerase directamente dende a Consellería de Educación. Estes puntos de acceso son equipos hardware da marca Aruba Networks (125, 134 e 215) configurados en redes WiFi e que fan de intermediario entre o ordenador e a rede externa. Así mesmo, permitirán aproveitar as vantaxes das redes de alta velocidade e centralas nos docentes e alumnos.
Videoproxector
O proxector complementa ás pizarras dixitais interactivas.
Trátase dun proxector Epson EB-440, EB-460, EB-480 ou NEC UM-280XG, todos de distancia ultracorta que poden proxectar unha imaxe de 70 polgadas nunha pantalla de formato 4/3 a só 12 cm de distancia, polo que resulta perfecto para a aula e consegue eliminar as sombras provocadas por persoas ou obxectos situados diante da pantalla.
Encerado Dixital Interactivo
O modelo de encerado dixital interactivo que se facilita aos centros, é o SMART Board (SB68V e SB680) ou MultiClass MCI780. A súa superficie sensible ao tacto permite manipular todas as aplicacións do ordenador e a tinta dixital actívase cun simple toque do marcador ou cos dedos para facer anotacións sobre imaxes, textos, presentacións ou vídeos.
Ademais a distribución abalar conta co software OpenSankore, que permite a creación de recursos interactivos dixitais para empregar nos Encerados Dixitais Interactivos.
Equipo do alumnado
Trátase do equipo Notebook HP ProBook x360 11 G1 EE
Un equipo convertible, cunha pantalla táctil HD de 11,6" e xiro de pantalla de 360º.