1.5. Zonas das asesorías Abalar / EDIXGAL
Zonas das asesorías Abalar / EDIXGAL |
As zonas de asesorías Abalar / EDIXGAL
Os asesores Abalar de zona (AMTEGA) dan soporte e asesoramento a todos os centros educativos de ensino non universitario de Galicia, atendendo ás necesidades dos centros de cada zona en materia de novas tecnoloxías, aplicacións corporativas, plataformas dixitais, infraestruturas tecnolóxicas e proxectos educativos de carácter tecnolóxico.
Con respecto ao proxecto EDIXGAL, para os centros educativos a asesoría Abalar da súa zona é a principal referencia en canto a soporte e asesoramento. A comunicación entre os centros educativos e a asesoría de zona representa o primeiro nivel de atención e asesoramento para cada centro.
Os asesores de zona están distribuídos en 22 zonas xeográficas, identificadas cada unha delas polo nome da localidade onde inicialmente foi ubicado/a físicamente cada asesor/a. Na actualidade estas zonas continúan conservando o mesmo nome identificativo aínda que nalgúns casos o/a asesor/a está ubicado/a noutra localidade dentro da mesma zona.
A continuación indícanse os enderezos de correo electrónico de contacto, para cada unha das asesorías Abalar de zona:
Os centros educativos, o coordinador EDIXGAL do centro e todo o profesorado, poden dirixirse á asesoría Abalar da súa zona para calquera cuestión relacionada co proxecto EDIXGAL e, en xeral, tamén para calquera outra cuestión relacionada co equipamento, as novas tecnoloxías e os proxectos educativos de carácter tecnolóxico da Xunta de Galicia.