EDIXGAL

  Análise DAFO do proxecto EDIXGAL no centro


En que consiste un DAFO?

 

O DAFO (iniciais de Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) é unha ferramenta que permite analizar a realidade dun determinado proxecto para poder tomar decisións de futuro.

O DAFO pode ser un bo comenzo cando iniciamos un novo proxecto xa que axuda a establecer as estratexias para que éste sexa viable, pero tamén representa unha boa ferramenta de reflexión sobre a situación dun proxecto que xa está en marcha.

A análise DAFO divídese en dúas partes:

  1. Factores de orixe interna ao proxecto: (Fortalezas e Debilidades)
    Nesta fase realízase unha fotografía da situación real do proxecto no propio centro educativo, considerando as súas Fortalezas e as súas Debilidades.

  2. Factores de orixe externa ao proxecto: (Ameazas e Oportunidades)
    Tanto as Ameazas como as Oportunidades pertencen aos factores externos ao propio proxecto, pero que deben ser tidas en conta ben para superalas, no caso das ameazas, ou ben para aproveitar as oportunidades que poden favorecer o desenvolvemento do proxecto.

Unha vez realizada a análise, é necesario definir unha estratexia que leve a potenciar as fortalezas, superar as debilidades, controlar as ameazas e beneficiarse das oportunidades.

 

Que é unha matriz DAFO?

 

A matriz DAFO mostra o conxunto de factores DAFO: Debilidades, Amenazas, Oportunidades e Fortalezas.

Se xa se iniciou un DAFO, a matriz mostra cada un dos contidos introducidos polo usuario e permite engadir novos contidos, editalos e borralos. 

   

Gráfico DAFO

   

   

Un exemplo: matriz de factores DAFO nun centro EDIXGAL

A seguinte matriz de factores DAFO podería servirnos de exemplo ilustrativo para determinar algúns dos factores que poderían darse nun centro educativo.

Hai que ter en conta que estes factores non son os mesmos en cada centro educativo, xa que a realidade propia dun centro e as súas circunstancias son diferentes en cada caso. Cada centro educativo ten as súas propias características que poden ser únicas e diferentes a todos os demáis.

   

DEBILIDADES AMEAZAS
  • As editoriais participantes no proxecto
    non son do agrado do profesorado.
  • O sistema operativo Linux provoca un
    rexeitamento de inicio.

  • Varios profesores dos cursos EDIXGAL
    teñen un destino provisional no centro.
  • Parte do profesorado está en contra do proxecto.
  • Varios profesores non teñen a competencia 
    dixital suficiente.
  • Algúns profesores só queren traballar cunha
    determinada editorial que non está no proxecto.
  • As familias carecen da información axeitada
    sobre o proxecto.
FORTALEZAS OPORTUNIDADES
  • O proxecto dota de todo o material necesario 
    tanto ao centro como ás familias.
  • O feito de que todos os alumnos dispoñan
    do mesmo equipamento favorece a 
    igualdade de oportunidades.
  • A gratuidade do proxecto representa 
    un aforro importante para as familias.
  • Tanto profesores como alumnos poden
    traballar indistintamente con varias 
    editoriais.
  • A aplicación EVA Offline permite traballar
    no domicilio do alumno, aínda que non 
    teña coñexión a internet.
  • Moitos alumnos proveñen de outros
    centros EDIXGAL.
  • Un alto porcentaxe do alumnado manéxase 
    sen problema coas novas tecnoloxías.
  • A maioría das familias xa teñen unha cultura 
    dixital consolidada.

  

As matrices DAFO (táboas) deben ser permanentemente editables, de maneira que nos permitan engadir/editar/modificar calquera dos factores según vai avanzando a nosa análise.

  

Creación de estratexias

   

Despois de crear a matriz de factores DAFO adaptada á realidade do noso centro educativo, deberemos deseñar as estratexias que nos permitan superar os problemas detectados (Debilidades e Ameazas), así como tamén aquelas estratexias que nos permitan resaltar e aproveitar os aspectos positivos (Fortalezas e Oportunidades). 

Básicamente hai 4 tipos de estratexias:

  1. Estratexias ofensivas: obtéñense relacionando Fortalezas + Oportunidades
    Buscan relacionar os puntos fortes internos e externos para fortalecer a situación do proxecto.
    Exemplo: Xa que o proxecto representa un aforro importante para as familias (Fortaleza) e a maioría das familias teñen unha cultura dixital consolidada (Oportunidade) poderiase extender a educación dixital a outros ámbitos non curriculares.

  2. Estratexias defensivas: obtéñense relacionando Fortalezas + Ameazas
    Relacionan os puntos fortes internos para contrarestar as ameazas externas.
    Exemplo: Xa que os profesores poden traballar indistintamente con varias editorias (Fortaleza) pero parte do profesorado está en contra do proxecto (Ameaza), poderíanse organizar reunións informativas co profesorado sobre as ventaxas de dispoñer de varias fontes editoriais simultáneas, libremente e sen ningunha repercusión económica para as familias.

  3. Estratexias adaptativas: obtéñense relacionando Debilidades + Oportunidades
    Trátase de cambiar algún elemento das debilidades para aproveitar mellor as oportunidades.
    Exemplo: Xa que o sistema operativo Linux provoca un rexeitamento de inicio (Debilidade) e a maioría das familias xa teñen unha cultura dixital consolidada, poderíanse organizar sesións informativas sobre Linux, a cultura do software libre e as ventaxas que representa o uso do software libre, extendendo ademáis o seu uso a outros espazos e situacións.

  4. Estratexias de supervivencia:  obtéñense relacionando Debilidades + Ameazas
    Busca relacionar os puntos débiles internos e externos para favorecer a imaxe do proxecto respecto a outras situacións e outros entornos educativos.
    Exemplo: Xa que as editoriais participantes no proxecto non son do agrado do profesorado (Debilidade) e algúns profesores só queren traballar cunha determinada editorial que actualmente non participa no proxecto (Ameaza), poderían organizarse obradoiros onde se experimente coas ventaxas didácticas que ofrece un entorno de educación dixital como EDIXGAL, traballando coas editoriais que actualmente participan no proxecto.

     

NOTA: Sería un erro confundir estratexias con accións. As estratexias non son concretas e poden incluír unha ou máis accións.

   


EDIXGAL
Última modificación: mércores, 15 de setembro de 2021, 5:16 PM