Importar contidos desde unha materia a outra

EDIXGAL

Como importar contidos desde unha materia a outra

 

 Importar

 

Con esta opción o profesor/a poderá trasladar (importar) de forma rápida, unha copia de un ou varios contidos que teña creados noutra materia na que tamén figura co rol de profesor actualmente na plataforma EVA.

Hai que ter en conta que esta opción só permite importar contidos en tempo real entre dúas materias existentes actualmente na plataforma EVA, é dicir, con esta opción non é posible realizar unha copia de seguranza e gardala para restaurala posteriormente.

En primeiro lugar, debemos entrar na materia que será a receptora dos contidos importados. É dicir, a importación sempre se realiza desde a materia destinataria dos contidos importados.

Desde esa materia (a materia que recibirá os contidos importados), imos ao seguinte menú:

Administración da materia -> Importar

Na primeira pantalla, a aplicación pídenos que seleccionemos a materia onde están actualmente os contidos que queremos importar.

  

Importar

 

 A continuación debemos seleccionar o tipo de elementos que desexamos incluír na importación.

 Importar

En función do que seleccionamos anteriormente, a seguinte pantalla permítenos seleccionar os elementos concretos de cada tema que desexamos importar. Como podemos observar, non é posible importar os temas orixinais (libros dixitais) das editoriais.

 Importar

 

Despois de realizar todas as seleccións anteriores, na seguinte pantalla móstrase o detalle de todos os elementos que van ser finalmente importados á materia onde estamos situados neste momento.

 

Importar

 

Como último paso, aparecerá unha mensaxe que nos indica que o proceso pode tardar un pouco. Normalmente este lapso de tempo está en torno a 1 minuto, aproximadamente.

 Importar

  

Cando finaliza o proceso veremos que os contidos importados desde a materia de orixe, aparecen na materia de destino situados exactamente no mesmo lugar (no mesmo tema) que ocupaban na materia de orixe.

Os contidos importados non desaparecen da materia de orixe, senón que a importación traslada unha copia deses contidos á materia de destino.

 

 



EDIXGAL
Última modificación: xoves, 10 de febreiro de 2022, 12:18 PM