Restaurar unha copia de seguranza

EDIXGAL

Como se restaura unha copia de seguranza

   

Restaurar 

 

Despois de pulsar sobre a opción "Restaurar", na primeira pantalla que aparece pídenos que subamos á plataforma o ficheiro que contén a nosa copia de seguranza. Este ficheiro debe ter o formato correcto e a extensión ".mbz".

 

Restaurar copia de seguranza

 

Despois de subir o ficheiro, a seguinte pantalla preséntanos un resumen dos elementos (recursos, contidos, actividades, ...) que contén esta copia de seguranza, indicando ademais os detalles de cada elemento.

 

Restaurar copia de seguranza

 O seguinte paso será seleccionar algunha destes 3 opcións:

  • Restaurar como materia nova
  • Restaurar nesta materia
  • Restaurar nunha materia existente
Restaurar copia seguranza
Restarurar copia seguranza
Restaurar copia seguranza

 

Despois de seleccionar unha das opcións anteriores, móstranse unha serie de pantallas onde se nos informa do contido da copia de seguranza que estamos a punto de restaurar. Aceptaremos todas esas pantallas informativas e finalmente a aplicación móstranos unha conta atrás, de maneira que ao finalizar comenzará automaticamente a restauración.

O tempo desta conta atrás dependerá da saturación que exista na plataforma, pero normalmente non é superior a uns poucos minutos ou incluso uns poucos segundos. 

 

Restaurar copia seguranza

 

En calquera caso, cando a petición de restauración xa foi lanzada o procedemento pasa a ser totalmente automatizado (en modo desatendido para o usuario), polo que o usuario (sempre será un profesor/a) poderá pechar esta pantalla se non desexa esperar a que remate a conta atrás. 

Independentemente do tempo que tarde a restauración, o profesor/a sempre recibirá un aviso no seu correo electrónico corporativo (@edu.xunta.es) indicando cando rematou a restauración. Ademais, se o usuario decidiu esperar a que rematase a conta atrás, poderá ver un aviso en pantalla que lle informa da finalización da restauración.

 

Restaurar copia seguranza

 

 



EDIXGAL
Última modificación: xoves, 19 de xaneiro de 2023, 10:26 AM