Descargar a aplicación EVA-Offline

EDIXGAL

EVA Offline resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectar a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade. 

Os dispositivos, tanto de profesor como de alumno, xa dispoñen a aplicación instalada na sección "Aplicativos - Educación" do Escritorio Abalar, pero a través do EVA é posible facer a descarga de dita aplicación para poder instalala no dispositivo desexado, en función do sistema operativo que teñamos no mesmo.

Existen diferentes versión da aplicación EVA Oflline , para os distintos sistemas operativos, que están dispoñibles para a súa descarga desde o propio entorno EVA. Para poder acceder, o usuario debe identificarse no EVA e a continuación entrar no menú "O meu escritorio".

Entre as funcionalidades dispoñibles no menú "O meu escritorio" está a opción "Descargar Offline".

      

offline

   

Desde este menú "Descargar Offline" podemos descargar a versión específica para o noso sistema operativo (Windows, Mac, Linux). Ao pulsar sobre a opción desexada, descargarase o instalador específico para o sistema operativo seleccionado. A instalación é moi sinxela e instálase igual que calquera outra aplicación de cada un dos sistemas operativos.

   



   


EDIXGAL
Última modificación: martes, 29 de outubro de 2024, 11:19 AM