A integración do servizo telefónico na rede corporativa da Xunta de Galicia permitirá aos centros dispoñer de una ampla gama de servizos e novas funcionalidades, e proporcionará, entre outras, as seguintes vantaxes:

  • Importante aforro de custos para a Administración derivados da contratación centralizada, da simplificación de procesos e da unión de recursos baixo un control con maior e mellor xerencia.
  • Tarifa plana para todas as extensións y para todo tipo de tráfico . Esta tarifa plana non ten límites de volume de tráfico cursado e inclúe todo de tipo de chamadas, polo que tamén esta incluído o tráfico a móbiles e o tráfico internacional.
  • Levarase a cabo una renovación completa da planta que soporta o servizo telefónico dos centros, migrando cara a sistemas mais modernos baseados en telefonía IP.
  • Homoxeneización do servizo telefónico entre os diferentes centros integrados, proporcionando funcionalidades idénticas en todos os centros.
  • Chamada directa entrante dende a rede pública para tódolos terminais da rede corporativa, o que facilita a comunicación dos usuarios.
  • Marcación curta sen prefixos entre tódolos terminais da rede corporativa.
  • Mantemento integral das infraestruturas que dan soporte ao servizo telefónico sen custo adicional para os centros, incluíndo os terminais, a rede interior dos edificios, a electrónica de rede, as liñas de comunicacións, as centrais de conmutación da rede...
  • Traslado gratuíto de extensións telefónicas dentro dun centro e tamén entre diferentes centros ou edificios.
  • Cambios de configuración e programación das extensións sen custo.
  • Teléfono único de avarías 45454 en servizo as 24h ao día e resolución gratuíta das avarías. Para o caso no que lle fallen todos os teléfonos, e teñan que avisar da avaría desde algún número persoal, e a chamada lle saia gratuíta, está habilitado teléfono 900 815 003.
  • Xanela Única para a xestión do servizo, no 44243 do Centro de Xestión da Rede de Voz, na que se ofrece unha xestión integral que abrangue aspectos técnicos e administrativos.

Calquera modificación que precisen na configuración do funcionamento dos seus teléfonos (desvíos, grupos, ...) unha vez feita a migración, pódena xestionar a través da Xanela Única  cxrvoz@xunta.gal  que ten o teléfono 44243.

Calquera ampliación no número de teléfonos que precise un centro, frónte ós que tiña orixinalmente antes da migración, deben tramitala a través da Consellería de Educación.

Última modificación: venres, 27 de outubro de 2017, 11:06 AM