Cando non todo vai ben. Comunicación de incidencias
Protocolos a seguir na comunicación de incidencias técnicas.
1º Paso: Actuacións por parte do coordinador Abalar.
- Incidencias sobre a pizarra dixital: consultar a información do documento Particularidades a ter en conta co EDI Smart
-
Anomalías no funcionamento do portátil do profesor e dos ultraportátiles dos alumnos; seguir o procedemento de restauración explicado no documento Procedemento de clonación
- Incidencias na visualizacion da imaxe polo videoproxector; tentar axustar a imaxe de maneira óptima empregando os consellos de utulización que atopanse no apartado Videoproxector do presente curso.
- Problemas co armario de carga; seguir o procedemento que se presenta no apartado armario de carga do presente curso.
- Incidencias de conectividade ; contactar coa UAC telefónicamente e seguir as indicacións e probas que se lle soliciten para a detección da posible causa.
2º Paso: Comunicación coa Consellería.
Despois de agotar todos os procedementos anteriormente descritos, e no caso de persistir a anomalía o centro debe poñerse en contacto coa UAC para comunicar a incidencia aos responsables do proxecto.
Para a comunicación enviar un correo electrónico á unidade de atención a centros (uac) con copia ao asesor abalar de zona correspondente; cos seguintes datos:
- Remitente:conta de correo oficial do centro.
- Destinatario:uac@edu.xunta.es;
- CC: abalar.zona@edu.xunta.es ( subtituir a palabra "zona" pola zona abalar correspondente ao centro; exemplo abalar.burela@edu.xunta.es)
- Asunto: indique o elemento do que se trata a incidencia; Encerado Dixital Interactivo, Videoproxector, Netbook, etc) Identificando o mais posible marca e modelo. Táboa coas marcas e modelos do equipamento abalar. Se é un centro E-DIXGAL faga referencia.
- Corpo da mensaxe:proporcione os datos necesarios como:
- código do centro
- dotación á cal pertence (expediente)
- número de serie
- horario de contacto
- descrición o máis detallada posible da incidencia e dos pasos seguidos para a súa identificación.
- No caso de danos é necesaria fotografía na que se visualicen
Marcas e modelos do equipamento Abalar (independentes do ano)
-
Pizarra dixital: PDI Smart board Interactive 680 e da marca MultiClass
- Videoproxectores: Epson EB480; Epson EB 460; Epson EB 440W.
-
Portatil do profesor ( portatil de aula) : Hp ProBook 4520s ( negro) ; Hp ProBook 4530s (gris) ; Hp ProBook 6550b ; Hp ProBook 6560b ; Lenovo Thinkpad L520; Lenovo Thinkpad L530; Lenovo Thinkpad L540; HP ProBook 450G1/G3/H4; Acer TravelMate P2
-
Portátil do alumno ( miniportátil ou ultraportátil); Noobi 10 160 Gb; Noobi 10 320 Gb; Pupil 104: HP ProBook x360 G1
- Armario de carga: Educar 2010-2011; Educar 2012; Educar 2013; Educar 2014