1.7. Formato da materia: formato "One Section" e "formato Temas"
Formato da materia: formato OneSection e formato temas |
Na plataforma online de EVA, o contido dos cursos visualízanse co formato “Formato dos temas” e tamén pódese cambiar a visualización do contido da materia ao formato “Formato One Section”.
O formato "Temas" presenta no menú lateral as diferentes seccións da materia que se poden mostrar/ocultar segundo as preferencias de cada usuario e simultáneamente tamén mostra todos os temas na parte central da pantalla.
Esta visualización de "Formato Temas" ten unha configuración por defecto que o profesor/a poderá modificar en calquera momento segundo as súas preferencias.
Formato One Section
Este formato dispón todos os temas no menú lateral esquerdo e na zona central da pantalla visualiza únicamente o tema seleccionado no menú lateral.
Formato dos temas
Este formato dispón todos os temas directamente na pantalla principal, na zona central da pantalla, ademáis de mostralos simultáneamente no menú lateral esquerdo. O formato de temas tamén é a visualización por defecto no modo de "edición".
O formato "Temas" resulta o máis axeitado cando estamos editando a materia, xa que dispoñemos en pantalla dunha vista completa de todas as seccións que compoñen a materia.
|