Incorporación xeral de contidos á materia

EDIXGAL

  

Ao acceder por primeira vez á materia, e mentres non se comece coa súa configuración, aparecerá na pantalla unha mensaxe informativa indicando como proceder para incorporar contidos e construír a materia.

   

NOVA MATERIA

    

Na parte superior da pantalla poden verse as solapas que dan acceso aos contidos das distintas editoriais (provedores de contidos).

As solapas que se mostran correspóndense cos provedores de contidos que dispoñen de contidos para esa materia e nivel educativo en concreto. No caso de que non se mostre a solapa correspondente a algún provedor de contidos en concreto, significa que para esa materia e nivel educativo o provedor de contidos non dispón de material actualmente.

  

Seleccionar recursos


Importante

Que podo facer se non se mostran as pestanas das editoriais.

En determinadas circunstancias, (por exemplo, cando o docente crea unha materia propia) pode ocorrer que non se mostren inicialmente ningunha das pestanas superiores que dan acceso aos contidos das distintas editoriais.

Neste caso, no bloque "Catálogo EDIXGAL" que se mostra nos bloques da parte dereita da pantalla, deberás seleccionar a materia que desexes e pulsar o botón "Cambiar". Deste xeito, xa deberían mostrarse na pantalla as pestanas que dan acceso aos recursos.


 

Materia de catálogo


Cando pulsa sobre unha das solapas superiores, o docente pode incorporar facilmente á súa materia todos ou parte dos contidos que ofrece esa editorial en concreto.

No caso de querer incorporar todos os contidos da editorial, na pestana da editorial correspondente hai que escoller a opción "Seleccionar Todos/Ningún" e a continuación premer no botón "Sincronizar". Esta acción fará unha copia completa de todos os contidos da editorial escollida ao curso.

    

A opción de seleccionar unha editorial completa só estará dispoñible unha vez (enténdese que a editorial de referencia será unha). Isto non impide que se poidan facer incorporacións individuais, ou de todos os contidos, doutras editoriais posteriormente ao curso.

      

Como incorporar contidos específicos individualmente

Se o/a docente prefire facer unha mestura de contidos das diferentes editoriais, navegando entre as diferentes pestanas, pódense escoller os contidos que se desexe incorporar ao curso e logo premer no botón “Sincronizar” en cada unha delas.

A incorporación de contidos pode facerse:

  • De xeito individual, seleccionando contidos particulares de cada sección dunha editorial
  • Seleccionando unha sección completa “Seleccionar toda a sección”.

En ambos os dous casos pódese escoller a incorporación nunha sección existente ou crear unha nova sección. Só no caso de “Engadir nunha nova sección” crearase a sección no curso co mesmo nome e imaxe da sección do contido seleccionado.

Se escollemos unha sección existente, incorporaranse o/os contido/s seleccionado/s na sección escollida do curso.

Esta é a forma de proceder para continuar engadindo contidos do catálogo ao curso ao longo de todo o curso académico.

  

Seleccionar algúns

  

Importante! Non é necesario facer a incorporación de todos os contidos cos que se vaia a traballar nos primeiros días do curso. O/a docente pode ir facendo a incorporación dos contidos e recursos, dunha o varias editoriais, de forma paulatina ao longo do curso académico, segundo os vaia precisando.



Importante

A incorporación dos recursos á materia non é instantáneo.

Con este método para engadir contidos, a incorporación dos contidos farase en diferido.

Que significa isto?

Unha vez escollida a editorial e despois de premer no botón “Sincronizar”, comeza o proceso de incorporación da editorial ao curso. Pódese continuar traballando na plataforma.

No momento en que remate a incorporación chegaralle o/a docente un correo electrónico de aviso. Na editorial seleccionada aparecerá a mensaxe “Importación en proceso” e o botón “Sincronizar” desaparecerá ata que remate a incorporación da editorial.

O tempo de incorporación dos contidos seleccionados individualmente dependerá da carga de traballo na plataforma. Se a plataforma non dispón de carga de traballo, e selecciona dous ou tres contidos de cada vez para “Sincronizar”, a incorporación de contidos ao curso será inmediata. Noutro caso o procedemento será, ao igual que na incorporación da editorial, un proceso en diferido que fará a incorporación dos contidos seleccionados ao curso.



EDIXGAL
Última modificación: luns, 28 de agosto de 2023, 5:01 PM