Inserción de faltas
Esta utilidade vai permitir ao profesorado poñer as faltas de asistencia e puntualidade (tanto xustificadas coma non xustificadas) do alumnado no que imparte docencia.
Ao acceder á aplicación, no caso de estar na clase, aparecerá un aviso para poder poñer as faltas desa sesión. | No caso de acceder desde o menú principal poderase ver un calendario para seleccionar o día da falta ou seleccionar unha das sesións da data na actual. | Seleccionada a sesión, unicamente haberá que marcar en cada caso ao alumnado que lle afecte e a causa da falta que corresponda. Finalmente premer en Gardar. |
Última modificación: xoves, 17 de novembro de 2022, 1:34 PM