Xustificación de faltas
Para poder facer uso desta funcionalidade deberase subscribir á xustificación de faltas (ver apartado Subscricións).
Ao acceder a Accións > Xustificación de faltas atoparase Filtros para a busca, onde se poderá elixir o Grupo, o/a Alumno/a, o Estado da falta (Todos, Presentada, Xustificada), as Datas alta dende/ Datas alta ata e procederase a Buscar ao alumnado.
Nos Resultados da busca, amósase o nome do/a Alumno/a, a Materia na que faltou, a Data de alta, a Sesión o Tipo (asistencia ou puntualidade)/ Estado da falta (presentada-xustificada), Xustificar (se está a falta xustificada márcase cun check).O apartado Accións permitirá acceder ao botón Ver detalle.
Unha vez que se accede a Ver detalle da falta poderase ver o nome do/a alumno/a, a Materia, a Data da falta, a Sesión e o Tipo de falta. Tamén se a familia xustificou a falta poderase ver o comentario feito pola familia ou a imaxe adxuntada pola mesma para xustificar esa falta. Por último verase o Estado no que está a falta.
Última modificación: mércores, 9 de novembro de 2022, 7:19 PM