Identificación
Ademais do acceso ao apartado contidos orientados a familias e alumnado aos que poderá ter acceso desde a web, as familias tamén poderán acceder ao servizo “espazo Familias”.
Para isto, será necesario que se autentifiquen e desta maneira entrarán no seu propio perfil e poderán consultar toda a información recollida sobre o alumnado.
Para acceder a este espazo, seleccione na pantalla de inicio o apartado de “Acceso aos servizos”.
Unha vez se accede ao apartado “Acceso aos servizos” é preciso autenticarse no sistema para poder dispoñer das funcionalidades existentes.
O acceso a este apartado é mediante un sistema de autenticación no cal todas as persoas usuarias deben cumprir algún destes requisitos.
Acceso aos servizos autenticados:
- Usuario/a de Educación
- Dispoñendo da Chave 365
- Usuario/a Xunta
- Tendo instalado no ordenador un Certificado dixital.
Última modificación: venres, 28 de outubro de 2022, 1:44 PM