Configurar a conta de correo "@edu.xunta.gal"

arroba


Iniciar o cliente Thunderbird

O cliente de correo Thunderbird xa está instalado na maqueta Abalar libre, polo que únicamente debemos configuralo cos nosos datos para poder usalo.

Para inciciar Thunderbird debemos ir ao menú:

"Aplicativos - Internet - Cliente de correo Thunderbird"

Cliente Thunderbird

   

Configurar a conta de correo

 A configuración da nosa conta de correo "@edu.xunta.gal" en Thunderbird é un proceso moi sinxelo que consiste básicamente nos seguintes 3 pasos.

 

1º paso

Cando iniciamos por primeira vez Thunderbird aparécenos a seguinte pantalla onde nos pide os datos da nosa conta de correo: 

  • O noso nome
    Mostrarase como "remitente" nos correos enviados por nós.

  • Enderezo de correo
    O noso enderezo de correo electrónico corporativo, co formato "usuario@edu.xunta.gal"
  • Contrasinal
    O contrasinal da conta de correo.
    Se non marcamos a opción "Lembrar contrasinal", o cliente Thunderbird pediranos o contrasinal cada vez que consultemos/enviemos correo, polo contrario, se marcamos a opción de lembrar o contrasinal, non volverá a pedirnos o contrasinal.

 Thunderbird

 Despois de introducir esta información podemos pulsar o botón “Continuar” para que Thunderbird intente realizar o resto da configuración de forma automática.

No caso das contas de correo corporativas “@edu.xunta.gal”, habitualmente Thunderbird non é capaz de completar automáticamente o resto da configuración necesaria, e avísanos cunha mensaxe tal como se pode ver na seguinte imaxe.

paso2

Neste caso, debemos introducir manualmente algúns datos adicionais.

    

   

2º paso

 Os datos que debemos completar, debaixo do recadro de aviso, son os seguintes:


INCOMING
OUTGOING

Protocol: IMAP SMTP
Server: imap.edu.xunta.gal smtp.edu.xunta.gal
Port: 993 587
SSL: SSL/TLS STARTTLS
Autenticación: Detectar automáticamente Detectar automáticamente
Nome de usuario: (o teu enderezo de correo) (o teu enderezo de correo)
       


Podemos ver esta mesma configuración xa realizada na seguinte imaxe:

PASO3

 Cando xa temos todos os datos introducidos correctamente, pulsaremos o botón "Volver a probar" que aparece na parte inferior desta mesma pantalla de configuración.

        

3º paso

 Se todos os datos introducidos son correctos, Thunderbird devolverá a seguinte mensaxe despois de probar de novo.

      paso4

       

Por último,  só nos queda pulsar o botón "Feito" que se mostra na parte inferior da pantalla.

      

  Cliente de correo Thunderbird

arroba
Última modificación: venres, 22 de abril de 2022, 9:49 PM