3.3. Os temas (aspecto visual)
Os temas (aspecto visual) |
Os temas (aspecto visual)
Agueiro pon a disposición de todos os usuarios 5 temas gráficos (aspecto visual) predefinidos, que calquera usuario pode utilizar nas súas páxinas para personalizalas ou darlles un aspecto diferenciado.
Podes seleccionar o tema que desexes para cada unha das túas páxinas: fai clic no desplegable "Tema" que se mostra na esquina inferior esquerda da pantalla cando estás editando unha páxina.
Tema Agueiro (tema por defecto)
O "tema Agueiro" é o tema por defecto para toda a aplicación, polo que tamén é o tema que se aplica por defecto a todas as páxinas e coleccións dos usuarios.
A súa característica máis destacada é o uso das 4 cores identificativas de Agueiro (azul,
vermello, laranxa, verde) nas bandas de títulos de cada un dos artefactos (elementos)
que o usuario introduce nas súas páxinas.
Tema Moderno
O "tema Moderno" introduce unha estética baseada na escala de grises.
Tanto o aspecto visual xeral da aplicación como o aspecto visual das páxinas do usuario móstranse nunha gama cromática que vai desde o negro a blanco, pasando por diferentes
tonalidades de gris.
Tema Océano
O "tema Océano" está inspirado na gama cromática do mar.
As diferentes tonalidades de azul e verde así como a gradación de grises fan que a sensación visual sexa completamente diferente con respecto aos dous temas anteriores.
Tema Básico
O "tema Básico" elimina completamente as cores de fondo, de maneira que o único elemento que contén un fondo diferenciado é a banda despregable vertical de menús principais.
Tema Simple
O "tema Simple" incorpora unha banda horizontal con tonalidades verdes que separa a banda principal de logotipos do resto da páxina.
Ademáis integra a cor verde como tonalidade principal para títulos dos menús, así como tamén para os separadores na
barra de títulos dos elementos (artefactos das páxinas).
Agueiro |