1.5. Accesibilidade de Agueiro

  Accesibilidade de Agueiro


Agueiro pretende ser utilizable polo maior número posible de persoas, incluídas as personas con discapacidade ou con necesidades especiais, xa que crear aplicacións e contidos web accesibles é un requisito fundamental en moitos países. 

Co fin de establecer un estándar internacional, creáronse as Pautas de Accesibilidade do Contido Web (Web Content Accessibility Guidelines). 

Hai 3 niveis de conformidade baixo a norma WCAG 2.0, que é a que especifica estas directrices: A, AA e AAA

Cada nivel require o cumprimento dos niveis anteriores e ademáis inclúe as súas propias normas específicas sobre as características de accesibilidade que deben cumplir os sitios web.

A versión de Mahara utilizada como software base de Agueiro acada o nivel AA para as áreas do sistema orientadas ao usuario, de maneira que tanto a zona de administración de Agueiro como as demáis áreas xenéricas da aplicación cumpren como mínimo cos requerimentos do nivel AA

Desde Agueiro só podemos controlar e garantir a accesibilidade dos menús de navegación e das áreas xenéricas da plataforma. Os usuarios que crean contidos son os responsables de facer que os seus propios contidos sexan accesibles. 

Se vostede é un usuario de ferramentas de lectura de pantalla, puede usar as seguintes teclas de acceso para navegar polos elementos do menú principal de Agueiro. 

Estas teclas corresponden ás iniciais en inglés de cada un dos elementos: 

Pantalla principal do usuario: 

  • d: Taboleiro (Dashboard) 
  • c: Contidos (Content) 
  • p: Portafolio (Portfolio)
  • g: Grupos (Groups)
  • a: Administración (Administration)




  

  Agueiro      

Última modificación: Venres, 13 de Maio de 2022, 11:55