5.4. Como rexistrar os meus contidos

EDIXGAL

 Como rexistrar os meus contidos


Os distintos tipos de licenzas especifican as condicións dos dereitos de autor (copyright, copyleft, creative commons, ... etc), pero as licenzas non constitúen en sí mesmas un rexistro.

Os dereitos de autor xenéranse polo simple feito da creación dunha obra e, en realidade, non é imprescindible rexistrar a obra para posuír eses dereitos. Sen embargo, se nalgún momento o autor necesita demostrar a autoría da súa obra, o rexistro serve como proba documental real na que se pode comprobar a data e hora da inscrición no propio rexistro por parte do autor. 

   

Que é o rexistro de propiedade intelectual

Cando falamos de rexistrar unha "obra" debemos entender ésta en sentido amplo, é dicir, unha obra pode ser una entrada nun blog, un contido educativo, un vídeo, un texto escrito, un artigo para unha revista, unha fotografía, unha peza musical, un cadro, ... etc.

Polo tanto, calquera expresión dunha idea é unha obra.

Existen distintos procedementos para rexistrar unha obra e distintos sistemas a través dos que pode efectuarse este rexistro. Sempre é o/a autor/a da obra quen decide cómo, cándo e por qué rexistrar unha obra. É dicir, o rexistro é voluntario, non existe a obrigatoriedade ou o imperativo legal de rexistrar unha obra.

Por outro lado, o feito de rexistrar unha obra non significa necesariamente que esa obra non vaia ser plaxiada, roubada ou pirateada. O rexistro é simplemente iso, un rexistro, unha constancia da autoría dunha obra. Non se debe entender como un mecanismo de control ou denuncia de infraccións á propiedade intelectual.

    

O que se rexistra é unha obra, non una idea.

A Lei de Propiedade Intelectual non protexe ideas senón só as expresións das ideas. Para rexistrar ideas existen as patentes e as marcas, que se regulan polo dereito mercantil a través da Propiedade Industrial e non polo dereito civil, como ocurre coa propiedad intelectual. 

    

Como se rexistra unha obra

Existen diferentes formas de rexistrar unha obra. A aparición de Internet non só supuxo replantexar o concepto de propiedade intelectual senón que tamén supuxo a aparición de novos tipos de obras como, por exemplo, un modelo tridimensional virtual para un videoxogo.

Neste sentido, tamén apareceron novos sistemas de rexistros, máis modernos e máis áxiles que o oficial. Polo tanto, hoxe en día, a persoa que queira rexistrar unha obra pode facelo a través dos diferentes sistemas de propiedade intelectual. 

     

Os rexistros oficiais 

No seguinte enlace podes ver as localizacións e os enderezos dos rexistros oficiais de propiedade intelectual que existen en Galicia e no resto de España.

=>> Rexistros oficiais da propiedade intelectual <<=

     

      

Safe Creative: rexistro de propiedade intelectual en internet

safeCreative

Safe Creative proporciona a posibilidade de facer un rexistro de propiedade intelectual a través de internet, de forma fácil e rápida.

Algunhas das principais características de SafeCreative son as seguintes:

  • Permite o rexistro para calquera opción de dereitos de autor: copyright, copyleft, creative commons, ...
  • Representa unha proba de autoría que inclúe: depósito da obra, hash redundantes, sellado de tempo (timestamp) redundante de data e hora.
  • Interfaz API aberto para rexistro e consulta desde sistemas externos.
  • Licenzamento directo co autor

    

       

   https://www.safecreative.org


EDIXGAL
Última modificación: Martes, 18 de Outubro de 2022, 18:27