3.4. A rede WiFi Abalar
A rede WiFi Abalar |
Os puntos de acceso WiFi (AP WiFi) que dan cobertura ás aulas EDIXGAL emiten dous sinais WiFi (dous SSID, Service Set IDentifier):
- Abalar
- edu.xunta.es
A conexión WiFi Abalar é unha rede específica que só está dispoñible para os equipos EDIXGAL (ABALAR) dos centros participantes no proxecto. Para o resto dos equipos do mesmo centro educativo non é posible a conexión con esta rede, de maneira que o resto de equipos terán que utilizar a conexión cableada ou a(s) outra(s) rede(s) WiFi dispoñibles no centro.
Principais características da WIFI ABALAR
- A conexión WiFi Abalar (pertencente á rede corporativa) dispón dun DHCP (Dynamic Host Configuration Protocol) que permite asignar os parámetros de configuración da rede de maneira dinámica aos equipos.
- Esta conexión WiFi é automática, os equipos conectan automáticamente coa WiFi e o centro non ten que xestionar nin configurar nada.
- Todo o que teña que ver coa conexión WIFI Abalar será xestionado en remoto desde os servizos centrais.
- A configuración deste WiFi permite traballar en rede cos alumnos de forma eficaz, incluso con todos conectados a un mesmo AP (Access Point) ou punto de acceso WiFi.
A WiFi Abalar identifica a MAC da tarxeta WiFi do equipo que pretende conectarse, de maneira que se esa MAC no está rexistrada non lle permitirá a conexión. Por esta razón, os únicos equipos que poden conectar con esta WiFi son os equipos Abalar do profesorado e alumnado e mais os equipos EDIXGAL do profesorado e alumnado, dos que existe un rexistro de MACs autorizadas para conectar.