3.2. A electrónica de rede nos centros EDIXGAL
A electrónica de rede nos centros EDIXGAL |
A electrónica de rede dos centros educativos é a parte de hardware (dispositivos da rede) encargada de xestionar o tráfico da rede que se transmite entre servidores e os propios dispositivos, polo que resulta de vital importancia que todos os elementos funcionen correctamente.
Os elementos principais que compoñen a electrónica de rede son o router, os switchs (principal e secundarios), conmutadores e os APs WiFi (puntos de acceso WiFi).
O switch principal
Entendemos por switch principal aquel que concentra as conexións co servidor e permite clonar equipamento EDIXGAL.
O switch principal do centro educativo habitualmente recibía o nome de "switch Abalar", aínda que este switch está identificado cun nemotécnico
diferente nos novos centros EDIXGAL que anteriormente non eran Abalar. Está situado no armario rack principal e conecta directamente co router.
Dentro da rede do centro, será o encargado de interconectar todo o resto da electrónica de rede e o servidor, de maneira que cada un dos seus portos brinda un ancho de banda completo a través do propio porto.
Este switch incorpora diversos latiguillos conectados de varias cores. Cada unha destas cores identifica o servizo que ofrece ou o dispositivo que conecta.
A configuración, xestión e mantemento da electrónica de rede do centro corre a cargo dos técnicos de AMTEGA, polo que os centros non teñen que realizar ningún tipo de actuación neste sentido.
NOTA: Esta distribución de cores para o cableado enténdese como estandar de referencia, pero pode darse o caso de algúns centros nos que non se cumple exactamente este estandar por circunstancias específicas do propio centro.
Estándar de cores no switch principal
Os latiguillos de cor vermella identifican a conexión co router (ou routers, no caso dos centros que dispoñen dun router secundario). O latiguillo amarelo proporciona o servizo de clonación/restauración dos equipos EDIXGAL de alumnado e profesorado.
EQUIPO | COR DO LATIGUILLO | PORTO NO SWITCH ABALAR |
Router principal | Vermello | 1 |
Router secundario (en caso de existir) | Vermello | 2 |
WAN servidor CED | Verde | 3 |
LAN servidor CED | Azul | 5 |
Tarxeta de xestión | Negro | 6 |
PXE Clonación / Restauración | Amarelo | 7 |
APs EDIXGAL (Abalar) | Azul | 8, 9, 10 ... |
Switch SIEGA | Negro | 24 |
Switchs implicados na rede Abalar | Marrón | 23, 22, 21, ... |
Switchs non implicados na rede Abalar | Negro | 23, 22, ... |
O servidor Abalar
O servidor Abalar xestiona e proporciona diversos servizos que son necesarios para o funcionamento da rede Abalar dos centros educativos:
- Servizo de enderezos IP dinámicos para o equipamento EDIXGAL (Abalar)
- Servidor puppet para a xestión centralizada
- Aplicación de recursos educativos
- Sistema de impresión Abalar
- Servizo de clonación/restauración do equipamento EDIXGAL (Abalar).
- Servidor proxy para web con caché (Squid)
- Cacheador de navegación (apt-cacher-ng)
- Ferramentas de monitorización (nagios, ocs, dashboard, ...)
- Backup de recursos
A xestión e o mantemento do servidor realízase en remoto desde os servizos centrais, polo que os centros educativos non teñen que realizar ningún tipo de intervención neste sentido.