EDIXGAL

  Elementos dunha aula EDIXGAL


Unha aula EDIXGAL

 

Na imaxe podemos apreciar todos os elementos característicos dunha aula EDIXGAL estándar, aínda que debemos ter en conta que as marcas e modelos dos elementos indicados aqui poden variar en función das dotacións de material de cada curso académico.

 

 

Aula EDIXGAL

 

1  Armario de carga

 

O armario de carga de portátiles está dotado dun programador que permite configurar o período de carga dos equipos, o que posibilita programar a carga dos equipos en horario non lectivo. O armario de carga tamén pode ser utilizado como un reforzo multimedia xa que no seu caixón superior dispón, ademais dos mandos de control de carga e a conexión para o sistema multimedia.

Adicionalmente, permite obter dúas saídas de audio amplificadas, situadas nos laterais do armario de carga. Así, mediante a combinación de proxector e equipo portátil, o sistema convértese nunha completa estación multimedia desde a que é posible realizar calquera presentación reforzada con capacidades multimedia. O sistema de audio atópase autoamplificado, polo que non é necesario realizar un axuste específico de audio para o control do seu sistema de son. Así pois, para regular o volume do seu sistema tan só necesita axústar o seu equipo multimedia ata o nivel que considere adecuado.

 

2  Portátil de aula

 

Para uso dos docentes está dispoñible na aula un portátil HP ProBook 450G4, Lenovo Thinkpad L540 ou o Acer Travelmate P259, todos cunhas características técnicas adaptadas ás súas necesidades.

Os portátiles de aula forman parte da aula dixital, polo que o docente terá que utilizar o portátil que lle corresponda segundo a aula na que estea a impartir a clase.

 

3  Punto de Acceso WiFi

 

A xestión e configuración das redes WiFi establecerase directamente dende a Consellería de Educación. Estes puntos de acceso son equipos hardware da marca Aruba Networks (125, 134 e 215) configurados en redes WiFi e que fan de intermediario entre o ordenador e a rede externa. Así mesmo, permitirán aproveitar as vantaxes das redes de alta velocidade e centralas nos docentes e alumnos.

 

4  Videoproxector

 

O proxector complementa ás pizarras dixitais interactivas.

Trátase dun proxector Epson EB-440, EB-460, EB-480 ou NEC UM-280XG, todos de distancia ultracorta que poden proxectar unha imaxe de 70 polgadas nunha pantalla de  formato 4/3 a só 12 cm de distancia, polo que resulta perfecto para a aula e consegue eliminar as sombras provocadas por persoas ou obxectos situados diante da pantalla.

 

5  Encerado Dixital Interactivo

 

O modelo de encerado dixital interactivo que se facilita aos centros, é o SMART Board (SB68V e SB680) ou MultiClass MCI780. A súa superficie sensible ao tacto permite manipular todas as aplicacións do ordenador e a tinta dixital actívase cun simple toque do marcador ou cos dedos para facer anotacións sobre imaxes, textos, presentacións ou vídeos.

Ademais a distribución abalar conta co software OpenSankore, que permite a creación de recursos interactivos dixitais para empregar nos Encerados Dixitais Interactivos.

 

6  Equipo do alumnado 

 

Trátase do equipo Notebook HP ProBook x360 11 G1 EE
Un equipo convertible, cunha pantalla táctil HD de 11,6" e xiro de pantalla de 360º.


EDIXGAL
Última modificación: mércores, 15 de setembro de 2021, 17:17