GNOME está instalado e dispoñible como segundo entorno de escritorio tanto na maqueta Abalar (a partir da versión 7.x) como na maqueta Abalar Libre (a partir da versión 18.x). Estas dúas maquetas Abalar inician sesión por defecto co escritorio XFCE, pero os usuarios poden cambiar ao escritorio GNOME no momento que o desexen.