Esquema de temas
-
Aulas Abalar en centros públicosCaracterísticas do proxecto Abalar nos centros educativos
-
Presentación do proxecto.
ABALAR é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
O proxecto ABALAR persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos
O proxecto busca maximizar o aproveitamento dos recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino que suporá a conversión dos colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais.
-
A maqueta abalar, traballando co equipamento abalar.
Información sobre o equipamento das aulas Abalar: os ultra-portátiles (1 para cada alumno) e o portátil da aula (1 por aula), as súas características técnicas e os consellos de utilización, o SO (Gnu/Linux), as principais aplicacións que leva instaladas.
-
O servidor e a rede abalar.
O servidor Abalar da servizo á infraestrutura de rede e de equipamento das aulas abalar.
- Servizos de Usuario: control del aula, compartición de arquivos, servizo de impresión, aplicación de recursos ( accesible dende toda a rede do centro).
- Servizos de Sistema: DHCP, restauración de equipamento, servidor DNS.
-
Elementos de aula: EDI, Videoproxector e armario de carga.
Un dos requisitos e necesidades do proxecto Abalar, así como dos protocolos da Escuela 2.0, é contar en cada aula do proxecto cun encerado dixital interactivo, EDI, e un videoproxector que permitan a exposición de contidos de xeito claro e amplo para todo o alumnado e teña unhas características de interactividade que facilite a resolución de actividades e outras intervencións.
O armario é o sistema de carga dos portátiles da aula abalar dotado de medidas de seguridade, programación, almacenaxe e audio.