Os paneis dixitais interactivos veñen a substituír os tradicionais kits de aula dixital compostos por unha pizarra dixital interactiva, un videoproxector, un ordenador de aula e altofalantes, xa que integran completamente as funcionalidades anteriores e supoñen unha mellora significativa das mesmas.
O alcance da dotación comprende todas as aulas de referencia de centros públicos de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato, así como de ensinanzas de réxime especial, a través dos concursos de equipamento AMT-2021-0041 e AMT-2022-0099.
O expediente de contratación AMT-2021-0041 para dixitalización de aulas en centros educativos públicos consiste na dotación e instalación dos seguintes elementos:
- Panel interactivo de 75 polgadas, resolución 4K, modelo TafelTech L75EG (Android 11, 4GB RAM, 32GB almacenamento interno).
- Módulo OPS integrado (procesador i5, RAM 16 GB, 256 GB SSD).
- Webcam (MaxHub UC W11).
- Teclado con touchpad sen fíos (Logitech K400 Plus).
O expediente de contratación AMT-2022-0099 para dixitalización de aulas en centros educativos públicos consiste na dotación e instalación dos seguintes elementos (adicionalmente envíase un portátil de aula):
- Panel interactivo de 86 polgadas, resolución 4K, modelo Kok educativa 86 (Android 11, 8GB RAM, 64GB almacenamento interno).
- Webcam (MaxHub UC W11).
- Teclado con touchpad sen fíos (Logitech K400 Plus).