O programa “Educa en Digital” desenvolvido por Red.es, entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, en colaboración co Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, consiste nun conxunto de accións para apoiar a transformación dixital do sistema educativo mediante a dotación de dispositivos, recursos educativos dixitais, adecuación das competencias dixitais dos docentes, e accións que conlevan a aplicación da Intelixencia Artificial á educación personalizada.