A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ademais do portal espazoAbalar, ofrece
abalarPro. Trátase dunha aplicación para o persoal docente que vai permitir consultar e enviar mensaxes ás familias a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación na sociedade dixital do século XXI.