Os armarios de carga (modelos "Educar" e "APD"), están pensados para a almacenaxe e carga dos portátiles do proxecto Abalar/Edixgal e están configurados de fábrica para as características específicas do equipamento do proxecto. Esta configuración predeterminada permite que os armarios comencen a funcionar normalmente e de forma inmediata cando chegan aos centros educativos, simplemente conectándoos a unha fonte de alimentación eléctrica.
A continuación descríbense as características principais baseándose nun armario de carga modelo EDUCAR de 2019. Os distintos modelos de EDUCAR presentan diferenzas pero o funcionamento xeral é similar. As características precisas de cada modelo concreto, tanto de EDUCAR como de APD poden consultarse nos correspondentes manuais que figuran no apartado "Documentación dos fabricantes".