Concurso de Traballos por Proxectos
Convocado o X Concurso de Traballo por Proxectos
IX Concurso de Traballo por Proxectos
VIII Concurso de Traballo por Proxectos
VII Concurso de Traballo por Proxectos
VI Concurso de Traballos por Proxectos
O Portal Educativo publica a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, do 15 de abril de 2019, pola que se convoca o VI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS, vinculados ou apoiados pola biblioteca escolar, para traballos realizados durante o curso 2018/2019.
As modalidades nas que se pode participar son as seguintes:
1. Proxectos de carácter interdisciplinario, ou Proxectos Documentais Integrados , coordinados desde a biblioteca escolar, e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (e un 40% dos departamentos, no caso dos centros de ensinanza secundaria).
2. Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, nas seguintes sub-modalidades:
a. Traballos de grupo/nivel
b. Traballos de ciclo/departamento
c. Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO “Investigación e Tratamento da Información”, ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria.
Todos estes traballos teñen que realizarse co apoio e colaboración da biblioteca escolar e contando cos seus recursos e posibilidades.
A temática do proxecto escollida pode ser de calquera ámbito do coñecemento, pero se contemplará un apartado especial de traballos do ámbito científico.
3. Proxectos de investigación intercentros, promovidos desde as bibliotecas de ata un máximo de tres centros de ensino co fin de desenvolver un proxecto común, de temática xeral ou científica.
O prazo de presentación das memorias correspondentes segundo o guión contemplado na convocatoria remata o 10 de xullo de 2019.
Na imaxe, alumnado do CPI Cruz do Sar (Bergondo-A Coruña)
V Concurso de Traballos por Proxectos
O Portal Educativo publica a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, do 5 de abril de 2018, pola que se convoca o V CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS, vinculados ou apoiados pola biblioteca escolar, para traballos realizados durante o curso 2017/2018.
As modalidades nas que se pode participar son as seguintes:
1. Proxectos de carácter interdisciplinario, ou Proxectos Documentais Integrados , coordinados desde a biblioteca escolar, e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (e un 40% dos departamentos, no caso dos centros de ensinanza secundaria).
2. Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, nas seguintes sub-modalidades:
a. Traballos de grupo/nivel
b. Traballos de ciclo/departamento
c. Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO “Investigación e Tratamento da Información”, ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria.
Todos estes traballos teñen que realizarse co apoio e colaboración da biblioteca escolar e contando cos seus recursos e posibilidades.
A temática do proxecto escollida pode ser de calquera ámbito do coñecemento, pero se contemplará un apartado especial de traballos do ámbito científico.
3. Proxectos de investigación intercentros, promovidos desde as bibliotecas de ata un máximo de tres centros de ensino co fin de desenvolver un proxecto común, de temática xeral ou científica.
O prazo de presentación das memorias correspondentes segundo o guión contemplado na convocatoria remata o 10 de xullo de 2018.
IV Concurso de Traballos por Proxectos. Convocatoria 2016/2017
O Portal Educativo publica a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 10 de marzo de 2017, pola que se convoca o IV CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS (coordinados ou coa participación da biblioteca escolar) destinado a centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Poderanse presentar traballos realizados durante o curso 2016/2017, nalgunha das seguintes modalidades:
- Proxectos de carácter interdisciplinario (os chamados Proxectos Documentais Integrados), coordinados desde a biblioteca escolar, que conten cunha participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (ou cun 40% dos departamentos).
- Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, coas seguintes sub-modalidades: Traballos de grup/nivel - Traballos de ciclo/departamento - Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO "Investigación e Tratamento da Información", ou noutras materias equivalentes de ESO ou primaria.
- Proxectos de investigación inter-centros, promovidos desde as bibliotecas de até un máximo de 3 centroS (nova modalidade).
Resolución do III Concurso de Traballos por Proxectos
O Portal Educativo publica hoxe a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 1 de decembro de 2016, pola que se dá a coñecer a relación de traballos seleccionados no III Concurso de Traballos por Proxectos coordinados ou coa participación da biblioteca escolar, realizados durante o curso 2015/2016, segundo convocatoria de 11 de abril de 2016.
Reciben premio un total de 17 traballos en distintas modalidades e temáicas contempladas na convocatoria do concurso. Algunhas das modalidades foron declaradas desertas polo que foron ampliados os premios concedidos noutros dos apartados do concurso.
Así, na modalidade de "Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar", na que houbo unha maior porcentaxe de participación, resultan premiados un total de 10 traballos, tres máis dos inicialmente previstos.
En breve daranse a coñecer todos estes proxectos a través desta páxina.
III Concurso de Traballos por Proxectos. Convocatoria curso 2015/2016
O Portal Educativo publicou o 12 de abril a Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 11 de abril de 2016, do III Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados ou coa participación da biblioteca escolar, correspondente a traballos realizados durante o curso 2015/2016. Poderán participar os centros non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e O.U.
Establécense varias modalidades:
- Proxectos de carácter interdisciplinario (os chamados Proxectos Documentais Integrados), coordinados desde a biblioteca escolar, que conten cunha participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (ou cun 40% dos departamentos).
- Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, coas seguintes sub-modalidades: Traballos de grup/nivel - Traballos de ciclo/departamento - Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO "Investigación e Tratamento da Información", ou noutras materias equivalentes de ESO ou primaria.
Traballos premiados no II Concurso de Traballos por Proxectos (curso 2014/2015)
Convocatoria do II Concurso de Traballos por Proxectos
Tralos bos resultados da primeira convocatoria, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica hoxe no Portal Educativo o II CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS, para traballos realizados durante o curso 2014/2015. Poderán presentarse os centros non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de calquera tipoloxía.
O obxecto deste concurso é o de estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias de traballos por proxectos, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinar ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ou ABP). Os centros poderán optar por algunha destas modalidades:
- Proxectos de carácter interdisciplinar, ou Proxectos Documentais Integrados , coordinados desde a biblioteca escolar, e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (ou un 40% dos departamentos).
- Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, nas seguintes sub-modalidades:
- Traballos de grupo/nivel
- Traballos de ciclo/departamento
- Proxectos realizados na materia de “Proxecto Interdisciplinar” de 1º curso de ESO
Todos estes traballos teñen que realizarse co apoio e colaboración da biblioteca escolar e contando cos seus recursos e posibilidades. A temática do proxecto escollida pode ser de calquera ámbito do coñecemento, pero se contemplará un apartado especial de traballos do ámbito científico.
O prazo de presentación de traballos remata o día 30 de xuño de 2015. Os centros galardoados recibirán asignacións para a atención das necesidades da biblioteca escolar, especialmente no ámbito da información.
TEXTO DA CONVOCATORIA DO II CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS
Resolución do Concurso de Traballos por Proxectos
En marzo de 2014, a Dirección Xeral de Centros e RRHH publicaba a convocatoria dun Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados ou coa participación da biblioteca escolar. Contemplábanse varias modalidades e un ou varios premios por modalidade.
Presentáronse 91 proxectos procedentes de 83 centros de ensino público, de todo o territorio galego.
Con data 30 de outubro de 2014, publícase agora a resolución deste concurso, que recolle un total de 16 proxectos, de moi variadas temáticas. Os centros galardoados recibirán unha asignación destinada a desenvolver programas da biblioteca escolar para a educación en información e fomento da lectura.
Concurso de Traballos por Proxectos
O Portal Educativo publica a Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, dun "Concurso de Traballos por Proxectos" baixo a coordinación da biblioteca escolar ou coa súa participación, e destinado aos centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para proxectos realizados durante o curso 2013/2014. Esta iniciativa está encadrada no Plan LÍA 2010/2015 de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe) e busca "estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias de traballos por proxectos, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinar ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ou ABP)".
Contémplanse dúas modalidades:
-
Proxectos de carácter interdisciplinar, ou "Proxectos Documentais Integrados", coordinados desde a biblioteca escolar e que conten coa participación dun mínimo do 40% de grupos-aula existentes no centros (ou un 40% dos departamentos).
- Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo/nivel; traballos dun ciclo/departamento, ou traballos elaborados na materia de "Proxecto Interdisciplinar" de 1º Curso de ESO. Os traballos poden desenvolver temáticas curriculares de carácter xeral ou do ámbito científico específicamente.
Os centros interesados teñen ata o 30 de xuño para o envío da solicitude e dunha breve memoria do proceso levado a cabo no desenvolvemento do proxecto, así como copia de materiais elaborados polo alumnado.
A convocatoria contempla varios premios por modalidade e temática que se recibirán en forma de asignación para apoiar o funcionamento da biblioteca escolar, nas súas actividades de educación en información e de fomento da lectura.