Recursos

Aplicación para formación de usuarios - CEIP Condesa de Fenosa

Actividade de formación de usuarios: Manual de Sony ReaderDesde o CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras) poñen a disposición de todos nós esta actividade LIM sobre o uso e manexo dos lectores electrónicos. Unha boa actividade de formación de usuarios en liña destinada a que o alumnado coñeza, antes de empregalos, os e-readers e as súas partes e operacións máis básicas.


Podedes acceder á aplicación desde o seguinte enlace: Manual lector electrónico.

 

 

Guía de uso dos lectores electrónicos - CEIP Santiago Apóstolo

Guía de uso dos libros electrónicos - CEIP Santiago ApóstoloDesde o CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos) fannos esta achega da "Guía de uso dos nosos libros electrónicos" onde se explica de forma detallada as funcións básicas que son necesarias para o manexo e disfrute das lecturas neste dispositivo (bq Cervantes Touch Light).

Está realizada coas premisas de conseguir unha guía sinxela de interpretar e que resulte atractiva ao lector, guiando así ao alumnado no manexo do dispositivo educándoo na lectura das obras e textos neste formato dixital.

Calquera suxestión de mellora será ben recibida polos autores.

 

 


 

Outros usos dos lectores electrónicos no CEIP de Leirado

Outros usos dos lectores electrónicos. CEIP de LeiradoDesde o CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño) poñen a nosa disposición unha presentación sobre usos alternativos para os dispositivos de lectores electrónicos. Neste caso trátase de explorar as posibilidades dispoñibles para poder subliñar, tomar notas, enviar e buscar información nos seus propios textos.

 

 

 

 

 

 

 


Libros electrónicos no CEIP A Gándara, de Monforte de Lemos

 

 A biblioteca do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos ofrecen xa lectores electrónicos ao seu alumnado. Velaquí os materiais informativos que prepararon para a posta en marcha deste novo "servizo" da biblioteca destinado a ofrecer aos nenos e ás nenas unha nova experiencia de lectura. 

NESTA LIGAZÓN reúnense recursos de diferentes centros relacionados co uso dos libros electrónicos

Lectura dixital na Hora de Ler

No CEP Xosé María Brea Segade, de Taragoña (Rianxo), tras un periodo de preparación, comezan a utilizar nas aulas os lectores electrónicos adquiridos grazas á súa participación no Proxecto E-LBE da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, destinado á incorporar os dispositivos de lectura electrónica nas bibliotecas escolares. Tal e como explican no seu blog, os lectores van ás aulas para seren utilizados na Hora de Ler. A información que se subministra a profesorado e alumnado facilita a aclimatación a estes dispositivos e favorece unha nova experiencia lectora.

Presentación dos e-lectores

 

A biblioteca do IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo) reserva un recuncho especial para os lectores electrónicos e difunde as súas posibilidades. 

ACCESO ao blogue da biblioteca

Modelo de compromiso para e-lectores

 

Modelo de compromiso para retirar, en préstamo, lectores electrónicos da biblioteca escolar. Un exemplo desde a biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez, de Sarria. 

Modelo

   

Materiais de interese relacionados co proxecto E-LBE

 Díptico E-LBE

Díptico informativo

Asesoría de Biblotecas escolares

 Relación de recursos electrónicos

Relación de recursos electrónicos

Asesoría de Biblioteca escolares

 Proxecto piloto E-LBE

Proxecto piloto E-LBE

Lectores electrónicos ou e-lectores nas bibliotecas escolares

Asesoría de Bibliotecas escolares

 Libros electrónicos no CEIP Mestre Valverde Mayo

Libros electrónicos

CEIP Mestre Valverde Mayo, Mos - Pontevedra

 Blog do IES Lamas das Quendas (Chantada)

Blog: Biblioquendas

IES Lama das Quendas, Chantada - Lugo

 Guia de uso - IES Pedra da Aguia

Guía de uso do libro electrónico

IES Pedra da Aguia, Camariñas - A Coruña

 Incumprimento das normas

Tríptico sobre os lectores electrónicos e o seu uso

CEIP Manuel Cordo Boullosa, Pontecaldelas- Pontevedra

Compromiso

Compromiso

CEIP Manuel Cordo Boullosa, Pontecaldelas- Pontevedra