Desde o CPI Plurilingüe dos Dices (Rois-A Coruña) chéganos, como en anos anteriores, o telexornal adicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Neste ano 2019 as nenas e os nenos implicados nesta experiencia de alfabetización mediática e informacional traballaron sobre ANTONIO FRAGUAS, baixo a dirección do profesor Luís Aldegunde, e presentannos un documento imprescindible para achegarse ao escritor e a súa obra. Parabéns, un ano máis, por un proxecto de alta calidade e estabilidade.