Bibliotecas escolares de Galicia
IES Luís Seoane (Pontevedra): un centro LÍA.2
CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela): un centro LÍA.2
CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): un centro LÍA.2
CEIP de Vilar de Barrio (Vilar de Barrio, Ourense): Un centro LÍA.2
IES Valadares, de Vigo (Pontevedra): un centro LÍA.2
CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra): un centro LÍA.2
CEIP Quintela, de Moaña (Pontevedra): Un centro LÍA.2
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, de Vigo: un centros LÍA.2
CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña-Rianxo, A Coruña): un centro LÍA.2
CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra). Un centro LÍA.2
CEIP de Meaño-As Covas (Meaño-Pontevedra). Un centro LÍA.2
O CEIP de Meaño-As Covas (Meaño, Pontevedra) ten unha biblioteca LÍA.2, froito do traballo de toda a comunidade educativa e do compromiso desde hai tempo co traballo por proxectos, as metodoloxías activas e a innovación educativa desde e coa biblioteca escolar. Integrada no Plan de mellora de bibliotecas escolares no ano 2008, recibiu premios no Concurso de Traballo por Proxectos: Aquí todos pintamos moito (2016); Encende Telecoviña (2017); Construímos con Coviña (2018); Puro teatro (2019) e en 2017 foi incorporada a este proxecto BIBLIOTECAS LÍA.2, que busca a exploración das posibilidades da biblioteca escolar como "centro creativo das aprendizaxes".O traballo colaborativo, as prácticas participativas e innovadoras, a música, o teatro e a formación audiovisual forman parte do ADN desta biblioteca:
CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña). Un centro LÍA.2
A biblioteca do CEIP Nicolás del Río, de Cedeira (A Coruña), ten xa unha traxectoria asentada de traballo coa comunidade, que foi merecedora de diversos premios no concurso de Traballos por Proxectos ("Mares de Cedeira"-2017; "Crónicas..." - 2018; "Pegadas na iauga"- 2019, en colaboración co IES Punta Candieira). É unha biblioteca activa que foi ampliando os seus espazos e configurando a súa personalidade sobre o teatro, o traballo colaborativo, a creación, e a vinculación coas familias, con outros centros da contorna e con institucións culturais do concello, nunha viaxe cara ao que pode ser unha "comunidade de aprendizaxe". Incorporada ao proxecto "Bibliotecas LÍA.2", ampliou os seus espazos e actividades. Da man dos voluntarios e voluntarias de lectura, visitamos esta biblioteca e coñecemos mellor o seu día a día como "centro creativo de aprendizaxes".
CEIP Saco e Arce, de Toén (Ourense). Unha biblioteca LÍA.2
IES Santiago Basanta Silva (Vilalba, Lugo). Centro LÍA.2
O IES Basanta Silva, de Vilalba, é un centro cunha traxectoria moi notoria na dinámica de atención da bibiblioteca escolar. Existía xa unha biblioteca, integrada no PLAN de mellora de biblitotecas escolares desde o curso 2015/2016, cunha importante actividade, con espazos amplos e recursos renovados, pero ao entrar a formar parte do Plan LÍA. 2 modificouse a distribución dos recunchos da biblioteca cara a construír un espazo creativo no que dispoñen, por exemplo dun recuncho maker, retiráronse vellos mobles pouco versátiles e ampliándose o espazo de circulación e de lectura informal, entre outras actuacións. Así acadaron unha biblioteca escolar chea de oportunidades e posibilidades para aprender argallando, cun gran atractivo para a rapazada. Da man de alumnado de distintos niveis, usuario da biblioteca escolar e dos seus servizos, e de profesorado do centro, podemos achegarnos á realidade desta biblioteca situada nunha vila do interior de Galicia: unha biblioteca viva onde a lectura, a cultura, a comunicación e a exploración son unha realidade cotiá que axuda a tecer complicidades entre os distintos membros da comunidade educativa.
CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños, A Coruña). Un centro LIA.2
O CEIP Milladoiro, de Malpica de Bergantiños é un centro con longa traxectoria no coidado e atención á súa biblioteca escolar e ao traballo para a formación lectora, literaria e nas competencias informacionais e mediáticas do seu alumnado. Xa fora un centro tomado como referencia anteriormente, cando se gravaron vídeos en bibliotecas escolares galegas en colaboración co Ministerio de Educación. Actualmente o CEIP Milladoiro é un dos 20 centros incluídos no proxecto CENTROS LÍA.2, a través do que a consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional explora a evolución do modelo de biblioteca escolar acorde coas necesidades do alumnado actual e coas tendencias en materia bibliotecaria e educativa.
A través desta nova produción audiovisual, coa axuda das alumnas voluntarias, visitamos de novo a biblioteca escolar dun centro da Galicia rural que pon ao servizo do seu alumnado todos os recursos posibles, pero que sobre todo ofrece oportunidades de aprendizaxe variadas, significativas e imprescindibles na actual sociedade da comunicación e da información.
CEIP Plurilingüe A PEDRA (Bueu, Pontevedra). Centros LÍA.2
Gravación realizada no CEIP Plurilingüe A PEDRA, de Bueu (Pontevedra) en xuño de 2019. Este centro de educación infantil e primaria está integrado no Plan de mellora de bibliotecas escolares e foi seleccionado pola D. X. De Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional como “Centro LÍA.2”, un programa no que se está explorando as posibilidades da biblioteca escolar como “Centro Creativo das Aprendizaxes”.
Guiados polo alumnado voluntario da biblioteca escolar, podemos coñecer os diferentes espazos desta bibliotecaque, como centro LÍA.2, incorpora recunchos para a investigación, a manipulación, a creación, a expresión, o traballo colaborativo e o xogo. Os libros e a lectura vehiculizan toda a actividade da biblioteca, gañan presenza e conseguen involucrar a toda a comunidade educativa. Os equipamentos están ao servizo das prácticas que se pretenden incentivar, coa vista posta sempre no reforzo das competencias clave contempladas no currículo e, especialmente, no desenvolvemento persoal do alumnado e a creación de vínculos coa lectura, a escrita, a comunicación, o coñecemento e a cultura en xeral. Finalmente, estas bibliotecas son espazos que atenden á dimensión social, constituíndo un factor de igualdade no acceso aos bens culturais dispoñibles.
Bibliotecas LÍA.2, entrega 4: CEIP Canosa-Rus (Coristanco, A Coruña)
Bibliotecas LÍA.2, terceira entrega: CPI Cruz do Sar (Bergondo, A Coruña)
Bibliotecas LÍA.2, entrega 2: CEIP Condesa de Fenosa (O Barco, Ourense)
Bibliotecas LÍA.2, entrega 1: EEI Barrionovo (Arteixo)
Materiais dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2017/2018 en RedeBe
Están dispoñibles en RedeBE os materiais audiovisuais das diferentes intervencións nos pasados Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2017/2018, ampliando o conxunto de informacións, recursos, presentacións e ligazóns de interese que xa se podían ver nesta aula virtual desde o día seguinte aos encontros, celebrados en Compostela os días 12 e 13 de abril de 2018. Recursos de interese para a formación dos equipos de biblioteca e para todo o profesorado interesado nestas temáticas.
Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2016/2017: vídeo-resume
Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Marzo 2017 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Vídeo-resume
Os días 18 e 19 de novembro tiveron lugar en Compostela as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, coa participación de preto dun milleiro de docentes da nosa comunidade. En RedeBE están dispoñibles os materiais destas xornadas. Velaquí o vídeo resume:
VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Vídeo-resume from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Boas prácticas en bibliotecas escolares: outubro, mes da biblioteca escolar - 9
CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra) from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Boas prácticas en bibliotecas escolares: outubro, mes da biblioteca escolar - 8
IES Sanchez Cantón (Pontevedra) from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.