2011/2012
Resolución do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012
O DOG do 13 de setembro publica a Orde de 1 de setembro pola que se resolve o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, para o curso 2011/2012. Incorpóranse 84 novos centros a este programa, que se iniciara no curso 2005/2006 co obxectivo de impulsar a renovación e a actualización das bibliotecas dos centros de ensino non universitario. Actualmente integran o Plan de mellora de b.e. un total de 449 centros públicos, de distintos niveis de ensino.
Resolución provisional. Centros que se incorporan ao Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012
Publicada no Portal Educativo a resolución provisional pola que se incorporan 83 novos centros ao Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2011/2012, seguindo o proceso que se recolle na Orde de 17 de marzo de 2011 (DOG de 5 de abril), de convocatoria.
Na resolución definitiva, que se publicará no DOG, no mes de setembro, recollerá a totalidade dos centros integrados neste programa no vindeiro curso, unha vez rematado todo o proceso de valoración de memorias correspondentes ao ano académico 2010/2011, entre outros trámites pertinentes.
Vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares
Velaquí un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago de Compostela os pasados 7 e 8 de abril, coa asistencia dos responsables das 374 bibliotecas integradas no presente curso neste programa da Consellería de Educación. + información e acceso aos materiais AQUÍ (entrar como convidado).
Convocatoria Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012
O DOG do 5 de abril fai pública a Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación e O. Universitaria, para o curso 2011/2012. Seleccionaranse 75 novos centros e, así mesmo, poderán continuar no programa aqueles centros xa integrados que presenten a documentación oportuna e acaden valoración positiva na memoria do presente curso 10/11. Esta actuación está cofinanciada polo Ministerio de Educación, en virtude do Convenio de colaboración para a mellora das bibliotecas escolares, un programa de cooperación entre as dúas administracións educativas, iniciado en 2005. O prazo de presentación de solicitudes e de documentación é de un mes, rematando pois o cinco de maio.
ACCESO AOS ANEXOS en formato electrónico (Cubrir directamente, imprimir e enviar de forma ordinaria)