Proxectos premiados Curso 2022/2023

Traballos seleccionados no IX Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar

   Está xa publicada no Portal Educativo a resolución do IX CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS realizados durante o curso 2022/2023 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.

 
Seleccionáronse 18 traballos de entre os 90  presentados desde diferentes centros. Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP). Estos proxectos están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros, nos usos dos espazos educativos, na distribución de horarios e grupos, no aproveitamento dos recursos, promovendo unha cultura participativa e colaborativa, emancipadora do alumnado. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e ao profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e experiencia, e ademáis as difunde e comparte para beneficio común. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalidades de grupo/nivel ou ciclo/departamento, que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras.  
 Modalidade  Centros seleccionados  Concello  Provincia  Proxecto
 1. Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar.  CEIP Nicolás del Río  Cedeira  A Coruña  NATURALmente, APRENDENDO!
 CEE Manuel López Navalón  Santiago de Compostela  A Coruña  LENDO OBXECTOS
 IES Arcebispo Xelmirez I  Santiago de Compostela  A Coruña  TECENDO IDENTIDADE(S) NA II REPÚBLICA
 IES Perdouro  Burela  Lugo  Construímos unha estrutura xeodésica e plantamos un fractal?
 CEIP P. Ramón Otero Pedrayo  Amoeiro  Ourense  A PINTURA: PINTORES E PINTORAS
 CEIP A Lama   A Lama  Pontevedra  O teu consumo deixa pegada
 IES de Meaño  Meaño  Pontevedra  O MEAÑO QUE QUEREMOS
 CEIP P. de Meaño-As Covas  Meaño  Pontevedra  1, 2, 3... PA-TA-CA!!
 CEIP P. de Leirado  Salvaterra de Miño  Pontevedra  Mergúllate con nós
 CEP P. de Riomaior  Vilaboa  Pontevedra  NewCobres: ImaxinAcción
 2. Proxectos de investigación grupo/nivel e grupo internivelario/departamento.  CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao  Vigo  Pontevedra  DE CANDO A HUMANIDADE APRENDEU A SEMENTAR
 IES Ramón Cabanillas  Cambados  Pontevedra  A memoria das aulas
 CEIP de Cervo  Cervo  Lugo  UN PASEO AO LONGO DA HISTORIA: A EVOLUCIÓN DA ESCRITURA E DAS BIBLIOTECAS
 IES P. Pintor Colmeiro  Silleda  Pontevedra  Outros Guernicas
 3. Proxectos realizados na materia de 2º da ESO I.T.I./Proxecto Competencial ou en outras materias equivalentes en ESO ou primaria.  IES Valadares  Vigo  Pontevedra  Cidadáns críticos
 IES Poeta Díaz Castro  Guitiriz  Lugo  KPACES
 4. Proxectos de investigación intercentros.  CRA de Culleredo  Culleredo  A Coruña  PURA A TARTARUGA
 CEIP de Galán  Arteixo  A Coruña  PURA A TARTARUGA