2023/2024

Resolución definitiva do Plan de mellora de bibliotecas escolares - centros públicos. Curso 2023/2024.

 

 
 
 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se resolve definitivamente o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2023/24. Incorpóranse 28 novos centros educativos ao programa.
 
 

  • PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

 
 

Resolución provisional do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2023/24

 

 
 
 
Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, coa relación dos 25 centros que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares neste curso, así como as asignacións económicas correspondentes.
Ábrese un prazo de cinco días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación, para efectuar reclamacións ou renuncias.