O pasado 10 de febreiro celebrouse, na EGAP en Santiago de Compostela, a Xornada de Formación de Biblioteca Creativa 2022/2023.
Nesta xornada, os 148 centros que integran oprograma compartiron experiencias que son bos exemplos da evolución que pode vivir unha biblioteca escolar que acolle todo tipo de linguaxes (oral, escrita, icónica, audiovisual, artística...) e posibilita á comunidade educativa múltiples oportunidades de aprendizaxe, expresión e creación.
No enlace que adxuntamos a redeBE podedes viaxar por estos espazos de expresión e autonomía a través das experiencias dos centros, coñecer a Medialab-Tabakalera, un espazo de creación e laboratorios cidadáns e achegarse aos obradoiros de escornabots, impresión 3D, creatividade, creación audiovisual, caligrafía e videoxogo.