O venres 15 de novembro a EGAP (Escola Galega de Administración Pública) de Santiago de Compostela acollerá a xornada formativa BIBLIOTECA INCLUSIVA. CIDADANÍA NA DIVERSIDADE, organizada pola D.X. de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dentro do seu programa BIBLIOTECA INCLUSIVA, en colaboración co Servizo de Formación do Profesorado. Asistirá profesorado vinculado á biblioteca escolar de centros públicos e concertados de educación especial, de centros con unidades específicas de atención a alumnado NEAE, así como centros de escolarización preferente, especificamente convocados pola dirección xeral organizadora. Ampliouse a posibilidade de asistencia a profesorado dos departamentos de Orientación destes centros. En total unhas 230 persoas compartirán experiencias e participarán das charlas e talleres previstos no programa que prevé a intervención, entre outros, de Susana Peix, bibliotecaria especialista en accesibilidade e inclusión; Rosa Piquín, experta en materia de bibliotecas escolares e atención da diversidade, e Blanca Mata, xornalista e coordinadora da Asociación "Lectura Fácil Euskadi". Os talleres correrán a cargo de Paola Guimeráns (Libros pop-up e circuítos), Blanca Mata (Lectura fácil), Felo Couto (Recursos tecnolóxicos e atención da diversidade) e Susana Peix (Unha colección para a biblioteca inclusiva). Compartirán a súa experiencia no ámbito da atención á diversidade desde a biblioteca escolar os responsables das bibliotecas do CEIP Escultor Acuña, IES Valadares, CEE Manuel López Navalón e CEEPR Juan María.
PROGRAMA
|
15 de Novembro - 21 de Novembro Lectura fácil: diversidade, inclusión e accesibilidade na lectura Blanca Mata Fauri. Xornalista. Lectura fácil Euskadi
Páxina "Lectura fácil Euskadi.
|
22 de Novembro - 28 de Novembro Materiais e propostas para a inclusión a través da biblioteca escolar. Rosa Piquín Cancio. CEIP Veneranda Manzano – Universidade de Oviedo
|
29 de Novembro - 5 de Decembro Mesa de experiencias Ana Rosa González García. CEEPR Juan María (Nigrán, Pontevedra) Rosa María Cameselle Fernández. CEIP Escultor Acuña (Vigo, Pontevedra) Asunción Carballo Rodríguez. IES Valadares (Vigo, Pontevedra) Manuel Andrade Vallo. CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela, A Coruña)
Páxina CEEPR Juan María (Nigrán)
Prsentación Asun Carballo |
6 de Decembro - 12 de Decembro Biblioteca inclusiva. Resultados enquisa. Coloquio Asesoría de Bibliotecas Escolares
Biblioteca Inclusiva. Presentación da Asesoría
|
13 de Decembro - 19 de Decembro Obradoiro e-téxtil: Libros, pos-up e circuítos. Paola Guimeráns. Doutora en Belas Artes. Experta en e-téxtiles aplicados á educación
|
20 de Decembro - 26 de Decembro Adaptación de textos a LF (Lectura fácil) Blanca Mata Fauri. Xornalista. Lectura fácil Euskadi
|
27 de Decembro - 2 de Xaneiro Recursos tecnolóxicos e atención á diversidade Felo Couto (CPR Nosa Señora de Lourdes-ASPRONAGA, A Coruña) Páxina CPR Nosa Señora de Lourdes-ASPRONAGA (A Coruña)
|
3 de Xaneiro - 9 de Xaneiro Unha colección para unha biblioteca inclusiva Susana Peix Cruz. Bibliotecaria BPM Vilanova i la Geltrú
|
10 de Xaneiro - 16 de Xaneiro Conferencia: Bibliotecas escolares inclusivas e accesibles paso a paso Susana Peix Cruz. Bibliotecaria BPM Vilanova i la Geltrú |
17 de Xaneiro - 23 de Xaneiro Lecturas no Canmiño Marta Jaquet. Psicoterapeuta con cans Fran Varela. CEIP Lamas de Abade, de Santiago de Compostela
Blog Biblioteca CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela) |
24 de Xaneiro - 30 de Xaneiro |