Entrando no cuarto ano de desenvolvemento do programa Biblioteca Creativa, considerouse necesaria unha avaliación para saber o momento no que se está. Con este motivo elaborouse unha enquisa que se trasladou aos centros que estaban a participar nos programas "Biblioteca Creativa" e "Radio na Biblio". Os resultados deste cuestionario promoveron unha reflexión compartida durante a xornada de formación que se celebrou na EGAP de Compostela o pasado día 25 de outubro.
Falouse sobre:
- Espazos novos que as Bibliotecas están conquistando
- Os materiais diversos que enriquecen as coleccións
- A formación e asesoramento recibidos e/ou necesarios
- A implicación da comunidade educativa
- A visibilidade destes novos espazos
- As melloras observadas: no alumnado, no profesorado, no cambio do propio concepto da biblioteca escolar, no cambio das dinámicas de ensino e aprendizaxe, o impulso do traballo colaborativo/cooperativo...