Poesía, narrativa, crítica literaria, investigación, reportaxes, entrevistas, divulgación científica, animación á lectura... 20 centros e case que 20 emisoras con moita vida. O Programa Radio na Biblio semella un mosaico ben colorista de fermosas iniciativas onde o alumnado cobra un protagonismo especial, as nenas e os nenos modelan a súa competencia comunicativa en contextos multimedia ao tempo que enriquecen os seus proxectos de investigación con formatos audiovisuais. Estas pequenas emisoras das bibliotecas escolares foron testemuñas de momentos máxicos e de interesantes conversas, pois por elas pasaron desde importantes personaxes de hoxe en día (artistas, escritores e escritoras, científicos e políticos), ata senlleiras presenzas doutros tempos, como Alfred Hitchcock, Marilin Monroe, Charles Chaplin, ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Velaquí algúns exemplos:
- CEIP Canosa-Rus. Coristanco. “Canosa Onda” Espazo radiofónico con dúas canles temáticas adicadas á crítica literaria e á pescuda nos mitos e lendas.
- CPI Plurilingüe Cabo da Area. Laxe. “Radio Rat” Emisora con programas de investigación, entrevistas e recomendacións de lectura.
- CEIP Milladoiro. Malpica. “Radio Balea” Moitos programas, na súa maior parte adicados á lectura e aos libros, aínda que tamén contan con programas de investigación e entrevistas.
- CEIP Víctor Sáenz. Mazaricos. “Radio Rosiña” Animación lectora na sección “Tes que lelo” e varios programas adicados á poesía.
- CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío. Muros. “Radio Laretas” Interesantes programas de entrevistas, algunhas das cales teñen moito mérito – caso de Marilin Monroe, Charles Chaplin ou Alfred Hitchcock, por exemplo – e outros xéneros coma o xornalístico ou a reportaxe.
- IES de Porto do Son. Porto do Son. “Onda Perseveira” Impresionante variedade na programación desta emisora. Desde unha Ouigha con Castelao ata o programa en latín ou as reportaxes sobre investigación e saídas escolares.
- CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña. Santa Comba. “Radio Fuco” Programación variada, entrevistas, recitais, lectura de contos e algúns especiais adicados a María Victoria Moreno e a algunhas das súas obras.
- CPI Plurilingüe de Vedra (Iniciando actividade)
- CEIP da Pobra de Brollón. “Radio Guímaro”. En Radio Guímaro podense escoitar magníficos recitais de diversos autores e autoras, ademáis de variados podcasts sobre temáticas diversas.
- CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. Sober. “Radiuvín. A radio de Lectuvín” Unha programación moi extensa e centrada na crítica literaria e animación á lectura.
- CEIP do Xurés. Lobios (Iniciando actividade)
- CEIP Plurilingüe Vilar de Barrio. “Radiomarañas” Pequerrechadas, sabías que..., Letras Galegas... son algunhas das seccións desta emisora tan activa.
- CEIP de A Golada. “Radio Agolaín” Nelson Mandela, Antonio Gaudí, Quen ven sendo? Está pasando, está acontecendo; hai debate... moitas e interesantes seccións na emisora Radio Agolaín.
- CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro. Crecente. “Radio Sieiro” Tres programiñas, pero nun deles entrevistaron ao mesmísimo Director Xeral de Centros!
- CEIP Figueiroa. A Estrada. “Radio Carola” (Iniciando actividade)
- CEIP Valle-Inclán. O Grove. “Radio V.I.” Moitos programas e moi variados nesta emisora, visitaron a emisora de radio local e vencellaron o laboratorio de radio aos seus proxectos documentais, entrevistas, reportaxes...
- CEIP A Lama. A emisora da biblioteca, unha emisora ao servizo do PDI deste cole, onde todo xira en torno ao traballo anual de investigación. No enlace hai un audiovisual “primeiros pasos”, que pode resultar de interese como recurso)
- CPI Manuel Suárez Marquier. O Rosal. “A Voz da Mata” Biblioteca, igualdade, radio en directo, entrevistas... moita variedade e moito contido de interese na emisora da Quinta.
- CEIP Plurilingüe de Carballedo. Cotobade. “Cast@radio” Cast@radio é un programa semanal – van xa polo número 13: axenda semanal da biblioteca, concurso de pistas para a formación de usuarios, entrevistas, actualidade do cole... e tamén unha entrevista ao Conselleiro de Cultura, Educación e OU!)
- CRA de Meis. Meis. Primeiros programas.
A imaxe que ilustra esta entrada corresponde ao laboratorio de radio do CEIP A Lama (A Lama, Pontevedra)