A X Xornada dos Clubs de lectura foi unha oportunidade para o encontro entre lectoras e lectores, unha ocasión para seguir aprendendo, un espazo para a alegría de sabérmonos parte desa sociedade lectora que estamos a construír xunto cos autores e as autoras, os creadores todos (poetas, autores de textos teatrais, actores e actrices, ilustradores e ilustradoras, músicos, cineastas...) e outros axentes do mundo do libro como editoras, críticos literarios, especialistas no mundo do libro e da lectura, asociacións a favor do libro e da lectura e todo aquel que contribúa co seu traballo a facer accesibles os recursos culturais para o conxunto da poboación, así como a estender a formación e as oportunidades para unha maior competencia lectora e literaria. Alegría que vén de saber que traballar a favor da lectura é traballar por unha sociedade democrática e, porque tal como dixo César Mallorquí na propìa xornada, "ler fai que as nosas vidas sexan mellores".
Velaquí algúns exemplos da difusión que tivo esta xornada na prensa e nas redes sociais:
- Entradas en Twitter co cancelo #Xclubslecturagal
- Fotografías en Twitter co candelo #Xclubslecturagal
- Vídeos en Twitter co cancelo #Xclubslecturagal
- Emisións en directo en Twitter baixo o cancelo #Xclubslecturagal
- A xornada no Portal Educativo
- Un dos intres máis emotivos na sesión final con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
- Crónica de Ramón Nicolás en "Caderno da crítica"
- Recensión da xornada na TVG -- La Voz de Galicia
- Crónica do escritor e editor Francisco Castro en "A canción do náufrago": Hai futuro
- Columna de opinión de Óscar López, xornalista cultural, en El Periódico (cat) - cast