Coincidindo co equinoccio de primavera, celebramos hoxe o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración, aprobada pola UNESCO en 1999, ten como principal obxectivo apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar oportunidade ás linguas ameazadas de ser vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.
Leamos poesía porque como di Fran Alonso: A poesía é unha barricada de palabras rebeldes, un aturuxo de liberdade. A poesía é diurética, dixestiva e antiestresante; é flexible coma o chicle e o seu ADN é profundamente subversivo. Un poema no aire é unha bomba de palabras.
- CEIP P. Albino Núñez (Ourense): Poesía e árbores
- CEIP Canosa - Rus (Coristanco, A Coruña): Semana da poesía
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume, A Coruña): Ola poesía, benvida primavera!
- CEIP A Cristina (Carballo, A Coruña): Día da muller traballadora e día da poesía
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela, A Coruña): Percorrido pola Lírica Medieval
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra): Recitado de poemas
- CEIP Manuel Sueiro (Ourense): Día da poesía
- CEIP Pintor Laxeiro (Vigo, Pontevedra): Actividades en torno á poesía
- CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei, Lugo): Contrasinais poéticos ; Semana da poesía con Gloria Fuertes
- CEIP A Sangriña (A Guarda, Pontevedra): Poesías do mundo
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Día da poesía
- CEP Altamira (Salceda de Caselas, Pontevedra): Apadriñamento lector
- CEP de Campolongo (Pontevedra): Homenaxe a Gloria Fuertes
- CEP de Cespón ( Boiro, A Coruña): Día da poesía ; Poemando do A ao Z
- CEP Luís Tobío (Viveiro, Lugo): Mes da poesía
- CPI Antonio Faílde (Coles, Ourense): Día da poesía
- CPI Cabo da Area (Laxe, A Coruña): Poemon go!
- CPI Manuel Suárez Marquier ( O Rosal, Pontevedra): Recitado de poemas
- CPI de Mondariz (Mondariz, Pontevedra): Semana da poesía
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Guía de lectura Día da poesía ; Encontxo coa poesía ; Recomendacións de poesía infantil
- EEI Vilarrodís (Arteixo, A Coruña): Día da poesía con Gloria Fuertes
- IES As Barxas ( Moaña, Pontevedra): Poesía entre liñas
- IES Carlos Casares (Viana do Bolo, Ourense): Recitado de poesías
- IES Johan Carballeira (Bueu, Pontevedra): 21 de marzo, Día mundial da poesía
- IES de Monelos (A Coruña): Adiviña de que poema falamos?
- IES Monte das Moas (A Coruña): Poemas ilustrados
- IES A Pinguela (Monforte de Lemos, Lugo): Día da poesía
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Día da poesía con Gloria Fuertes
- IES Urbano Lugrís (A Coruña): Manexemos a pena, con Elsa Veiga
- IES Xoán Montes (Lugo): Poemarte